Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Mercados

Cando:

7 de xuño de 2018

Última edición de Galerías San Agustín Creadores ata a volta do verán

Esta fin de semana, diferentes marcas e artistas emerxentes expoñerán a súa venda de productos na primeira planta do Mercado de San Agustín. Tampouco faltarán a música e as actividades para todos os públicos.

Galerías San Agustín volve esta fin de semana coa última edición de Creadores ata setembro. Como todas as segundas fins de semana de cada mes dende marzo, diferentes marcas e artistas emerxentes expoñerán a súa venda de productos na primeira planta do Mercado de San Agustín. Marcas como Somos Océano denominada como "moda atlántica sostible" ou Baenacode da man da diseñadora local Laura Baena. Tamén estará presente a pintora Lola Saavedra coa súa obra ou a xoiería creativa de Only Nice Things entre unha máis de vinte participantes de diferentes sectores coma moda, arte e complementos.

A música e actividades non faltan en Galerías San Agustín. O sábado haberá sesión Vermut co coñecido dj local "Ramone" mentres que pola tarde haberá música en directo ás 18:00h con "Allaloba". Tamén se impartirá un taller de "Tapping" dirixido por Yolanda Iglesias. O domingo, a sesión Vermut correrá a conta de Dj Cuco, seguido do concertó de Edu Calvario a partir das 17:00h ata o peche ás 19.00h. Haberá tamén  un concurso de debuxo da man da marca participante "Farrapos" e un taller de plastilina caseira non tóxica, así coma actividades gratuitas continuadas como xogos de mesa, pinta e colorea, twister e nintendo switch, etc. Tampouco faltarán gastronomía, como La Tacaña ou Croqueta e presumida entre outros.

Para inscribirse nos obradoiros e actividades, pódese enviar un email a galeriassanagustin@gmail.com ou ben no punto de información os días do evento.

Información complementaria:

@galeriassanagustin

www.galeriassanagustin.com

Enderezo:

Praza San Agustín 1. 15001 A Coruña

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?