Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de marzo de 2018

As xornadas de alimentacion saudable chegaron aos mercados de Elviña e Eusebio da Guarda

Unha vintena de persoas participaron o sábado 24 de marzo en dúas novas sesións das Xornadas gastronómicas de alimentación saudable que se están a desenvolver nos meses de marzo e abril nos mercados municipais.

As persoas participantes desfrutaron durante tres horas dunha actividade na que se mestura o coñecemento do mercado e os seus produtos frescos coa habilidade para innovar á hora de elaborar pratos saudables e saborosos.

No Mercado de Eusebio da Guarda a sesión a xornada comezou sobre as 11 da mañá coa presentación da cociñeira, Mª Teresa Fernández, e a visita aos postos do mercado de abastos para proverse dos produtos necesarios para cociñar os pratos incluídos no menú previsto: un aperitivo vegano (humus), roliños de lacón cocido con queixo de Arzúa-Ulloa e pimentón, e de sobremesa unha mousse de turrón. A elaboración do menú coa dirección da cociñeira desenvolveuse ao longo de dúas horas. 

Co mesmo horario botou a andar a actividade no Mercado de Elviña, baixo a dirección do cociñeiro Bartolomé Barros. Logo de percorrer os postos para abastecerse dos produtos necearios para a elaboración, as persoas participantes comezaron a cociñar os pratos do menú programado: tomatiños en flor de tulipán e caramelo, nuggets caseiros crocantes de polo e de sobremesa torta de améndoa. O proceso continuou ao longo de dúas horas. Tanto en Elviña como en Eusebio da Guarda, as persoas participantes puideron levar para casa os produtos cociñados. 

As xornadas rematarán o sábado 7 de abril, con dúas últimas sesións nos mercados de Ramón Cabanillas e San Agustín. 

Enderezo:

Rúa Forcarei s/n. 15001 A Coruña

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión