Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de setembro de 2018

Chega o primeiro gran rastro ao Mercado de San Agustín

Este próximo sábado 29 e domingo 30 de setembro, de 11:00 a 21:00 horas, o Mercado de San Agustín converterase nun gran rastro. Non so tendas especializadas en antigüidades e segunda man senón tamén particulares participarán neste evento que dará nova vida a todo tipo de artículos de moda, decoración, entretemento ou tecnoloxía coma roupa, discos, libros, cámaras, mobles, xogos, etc.

Contarase con tendas coma www.montegrappabazar.es ou www.timesmarket.es e tamén coa participación de diferentes blogueiros e blogueiras e influencers da cidade coma Laura de Santiago, Myblueberrynights, Sara Noguerol ou Carla Estevez onde poñerán en venda boa parte do seu exquisito armario.

A organización colaborará cedendo un espazo solidario a www.educo.org no que todo o recaudado se destinará ao programa becas comedor para os máis pequenos. 

Haberá xogos infantís gratuitos e zonas de descanso con concertos, cafetería e gastronomía. Celebrarase a sesión vermú con música en directo tanto o sábado como o domingo de 14:00-16:00h. 

Máis información:

@galeriassanagustin

www.galeriassanagustin.com

Enderezo:

Praza San Agustín 1. 15001 A Coruña

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión