Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Mercados

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

Cando:

22 de novembro de 2018

O encontro máis innovador no sector das vodas terá a súa cita en Galerías San Agustín

Tras o éxito de "Aire Atlántico" hai dous anos, o mercado de San Agustín volve celebrar este evento destinado ao mundo das vodas. Será esta fin de semana.

Aire Atlántico naceu en 2016 co obxectivo de irrumpir no circuito pechado de eventos relacionados co sector das vodas dunha forma inusual, afastándose da típica aparencia de feira. Aire Atlántico converterase nun punto de encontro e foro de debate entre empresarios do sector así como brindará unha oportunidade ao público xeral para coñecer as novas tendencias do sector. Máis de 20 profesionais de diferentes sectores como a fotografía, servizos de catering, coctelería, música, decoración ou wedding planners estarán presentes esta fin de semana no primeiro andar do Mercado de San Agustín.

Programa

O sábado 24 ás 12:30 horas impartirase o taller "Consellos para a túa cerimonia civil" con Rocío de Luz Verde Eventos. De seguido ás 13:30 horas comezará a Sesión Vermú con Dj Dani, un dos participantes do evento. Ás 19:00 h comezará a Sesión de tarde con Mas Music ata o peche do evento.

O domingo ás 11:30 horas impartirase un taller de maquillaxe da man de Eva Villamar. E a sesión vermú con callos comenzará ás 13:30 co concerto en directo dos Mercánicos.

Todo isto acompañado coma sempre de actividades infatís gratuítas para todos/as os/as nenos/as asistentes no horario habitual de apertura; sábado de 11:00 h - 21.00 h e domingo 11:00 h.

Máis información dos partipantes nas redes socias @galeriassanagustin e @aireatlantico e na páxina web: www.galeriassanagustin.com

Enderezo:

Praza San Agustín 1. 15001 A Coruña

  • Concello da Coruña
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?