Concello da Coruña

Concello da Coruña

Taller #SheMeansBusiness

O Concello da Coruña, desde a área de Promoción económica e comercio, colabora con Zona from Facebook, GDOCE e CEPYME na realización do programa #SheMeansBusiness.

A quen vai dirixido?:

Mulleres traballadoras por conta propia ou autónomas e traballadoras por conta allea de PEMES

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

26/11/2019

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 16/10/2019 ata o 15/11/2019

Prazo de inscrición vixente ata esgotar prazas dispoñibles.

Horario:

Opcións:

- De 9:30 a 13:30 h

- De 16:00 a 20:00 h

Duración:

4 horas

Enderezo:

Rúa hospital 19, bajo. 15001 A Coruña

Prezo:

Gratuíto

Requisitos:

Recoméndase que cada participante acuda con computador portátil, tablet ou similar.

Hashtag:

#SheMeansBusiness

Organiza:

Servizo de Emprego e Empresa. Concello da Coruña.

Contacto:

Departamento de Promoción Económica e Comercio

empresa@coruna.es

Teléfono 981 184 399

Trátase dun programa gratuíto de formación para mulleres (traballadoras por conta propia ou autónomas e traballadoras por conta allea de PEMES) pensado para axudalas a desenvolver e xestionar redes de contactos con ferramentas dixitais de Facebook. O obxectivo é promover a confianza e habilidades para utilizar as ferramentas da economía dixital e potenciar así os seus negocios.

Os talleres constan de 4 horas de formación divididas en 3 módulos formativos onde se desenvolven as actividades en equipos de traballo e de forma dinámica:

- 1 módulo sobre Facebook

- 1 módulo sobre Instagram

- 1 modulo sobre creatividade.

Tras realizar o taller, as asistentes recibirán un certificado de asistencia xunto con máis información útil para seguir mellorando as súas competencias dixitais.

As mulleres, tanto traballadoras por conta propia como por conta allea, que desexen inscribirse ao taller poden facelo enchendo o seguinte formulario. O prazo para realizar a inscrición termina o 15 de novembro.

O taller celebrarase nas instalacións do Centro Municipal de Empresas Agrela (C/ Galileo Galilei, 62. 15008 A Coruña) o dia 26 de novembro de 2019. Están previstos dous horarios, en función da demanda (de 9:30 a 13:30 horas ou de 16:00 a 20:00 horas).

Para poder realizar o taller é preciso contar cunha inscrición mínima de 20 mulleres.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión