Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Mercados

Que somos?

Marisco nun posto dun dos mercados

A nosa cidade ten un total de 9 mercados municipais que desde sempre abasteceron a cidadanía da Coruña. Estes mercados son moi diversos: podemos atopar desde pequenos mercados de barrio a mercados de maior tamaño, referentes non só na nosa cidade senón en Galicia polo volume e a calidade dos produtos que podemos atopar neles.

A Área de Emprego e Economía Social quere potenciar os mercados porque son un referente na nosa cidade e na sociedade coruñesa. Queremos mostrar a calidade dos mercados potenciando a súa imaxe para favorecer o consumo resposable. O lema da nova marca dos mercados municipais déixao moi claro: "O valor do noso". Os mercados do futuro deberán ser centros nos que non só se poida comprar produtos de calidade e saudables senón que sexan tamén puntos de encontro, de intercambio cultural e de lecer. O obxectivo é dinamizar os mercados para poñer en valor a súa importancia e a do consumo de produtos frescos e de calidade que podemos atopar e mercar neles.

  • Concello da Coruña
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?