Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Mercados

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

Carga e descarga na vía pública

En que consiste?:

O Concello dispoñerá, nas rúas do termo municipal, zonas reservadas para que os vehículos destinados ao transporte de mercadorías poidan efectuar a carga e descarga.

Onde se fai?:

A autorización a que se refire o punto segundo deberase solicitar cun mínimo de 48 horas, antes da ocupación da vía pública e polo tempo que se considere necesario para realizar os traballos. Se como consecuencia da devandita ocupación resultase un entorpecemento grave para a circulación de vehículos ou de persoas, a Policía Local adoptará as medidas pertinentes.As solicitudes presentaranse nas oficinas do Rexistro que o Concello ten habilitadas en:

Palacio Municipal. Praza de María Pita,1. C.P. 15001 A Coruña
Fórum Metropolitano. Rúa Río de Monelos, 1. C.P. 15006 A Coruña
Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela, 17. C.P. 15010 A Coruña

Enderezo:

Praza María Pita 1. 15001

Presencial

Que se necesita?:

  • Unicamente poderán utilizar as zonas reservadas de carga e descarga os vehículos destinados ao transporte de mercadorías rotulados como tales, e cuxa capacidade de carga útil non exceda de 3.500 kg .
  • En todos os supostos nos que non existise nas inmediacións unha zona habilitada para carga e descarga ou que, debido ás características da mercadoría, xa polo seu volume ou fraxilidade ou debido ás condicións do servizo non for posible utilizar aquela, será precisa a obtención de autorización municipal expresa para a ocupación da vía pública, co aboamento do prezo público correspondente.
  • Poderanse autorizar zonas reservadas solicitadas a instancia das persoas comerciantes de determinadas zonas, requirindo, en todo caso, o informe previo dos técnicos municipais . Estas zonas autorizaranse sempre en precario, e poderán ser modificadas ou suprimidas por circunstancias que afecten á circulación ou ao interese xeral.
  • Nas rúas peonís e nas demais vías de circulación restrinxida non se autorizarán zonas reservadas de carga e descarga.

Teléfono

Máis información:

NORMAS XERAIS

  1. As operacións de carga ou descarga deberanse levar a cabo fóra da vía, e respectando as normas que para ese efecto establecen a Ordenanza de Limpeza e a Ambiental de Ruídos e Vibracións.
  2. Excepcionalmente, cando sexa inexcusábel efectualas na vía, deberanse realizar sen ocasionar perigos nin perturbacións graves ao tránsito doutras persoas usuarias e tendo en conta as normas seguintes:
a) Respectaranse as disposicións sobre paradas e estacionamentos. b) Efectuaranse, no posible, polo lado do vehículo máis próximo ao bordo da calzada. c) Levaranse a cabo con medios suficientes para conseguir a máxima celeridade, e procurando evitar ruídos e molestias innecesarias, e queda prohibido depositar a mercadoría na calzada, beiravía e zonas peonís. d) As operacións de carga e descarga de mercadorías molestas, nocivas, insalubres ou perigosas, así como as que entrañen especialidades na súa manexo ou estiba, rexeranse, ademais, polas disposicións específicas que regulan a materia.

ZONAS RESERVADAS PARA CARGA E DESCARGA

  1. As zonas reservadas sinalizaranse, tanto vertical como horizontalmente, cos sinais homologados polas normas vixentes en materia de circulación. No que se refire á extensión das devanditas zonas, estarán supeditadas ao que en cada momento determinen as persoas técnicas municipais.
  2. O horario xenérico de carga e descarga nas zonas reservadas será, salvo sinalización ou autorización expresa, de 8.00 a 14.00 horas e de 15.00 a 20.00 horas, de luns a sábado. A carga ou descarga durarán o tempo imprescindible para efectuar as operacións necesarias, e non poderán exceder un tempo máximo de 30 minutos.

CARGA E DESCARGA EN VÍAS DE CIRCULACIÓN RESTRINXIDA

  1. O horario de carga e descarga nas rúas peonís e nas demais vías de circulación restrinxida será o que expresamente recolla a súa sinalización específica. Nas demais vías de circulación restrinxida será o fixado con carácter xeral, sempre e cando estea comprendido dentro do horario autorizado para circular por elas.

LIMPEZA

  1. Terminada a carga e descarga de calquera vehículo procederase a limpar as beirarrúas e calzadas que fosen ensuciadas durante a operación, e retiraranse da vía pública os residuos vertidos.
  2. Están obrigados ao cumprimento deste precepto as persoas donas dos vehículos e, subsidiariamente, as titulares dos establecementos ou terreos en que fose executada a carga ou descarga.
  • Concello da Coruña
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?