Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Movilidad

Cuándo:

25 de agosto de 2018

O Concello comeza a vindeira semana a execución do carril-bici entre a Palloza e Matogrande “que se unirá cos tramos metropolitano e da universidade para configurar unha rede ciclable útil”

O edil de Mobilidade Sostible indica que a actuación comezará coa humanización da rotonda da avenida de Monelos con Alcalde Pérez Ardá, na que se incluirán itinerarios máis seguros para os tránsitos peonil e ciclista

As obras para a construción do tramo de carril-bici entre a Palloza e Matogrande darán comezo a próxima semana. A actuación iniciarase na rotonda que une a avenida de Monelos coa rúa Pérez Ardá, na que, ademais de incluír os carrís bici, se incrementará a accesibilidade e a comodidade para as e os peóns. "As modificacións están deseñadas para humanizar un rotonda que só estaba pensada para axilizar o tránsito de vehículos. Agora terá unha escala máis humana, na que teñan cabida itinerarios para outro tipo de mobilidades como a peonil e en bicicleta", explica o concelleiro de Mobilidade Sostible, Daniel Díaz Grandío.

Este novo tramo, que ten un tempo de execución de nove meses e un investimento de 304.000 euros, suporá a ampliación da rede de carril-bici da cidade en 2,11 quilómetros e transcorrerá dende a Casa do Mar ata Matogrande, pasando polas rúas Ramón y Cajal, Alcalde Pérez Ardá e Salvador de Madariaga. A intervención na rotonda de Matogrande, a primeira fase da obra, permitirá "incrementar a seguridade peonil e tamén reducir o tempo dos seus percorridos, xa que se desprazarán os pasos cara ao interior para asegurar un traxecto máis natural", explica Díaz Grandío. Ademais, eliminaranse dúas saídas de vía rápida, as que van dende a rúa Caballeros ata Pérez Ardá e Salvador de Madariaga, que estarán destinadas a pasos seguros para crear un círculo de cruce seguro para os e as ciclistas, que contarán con cruces sinalizados paralelos  aos pasos peonís. Como destaca o edil, esta rotonda "será tamén punto de conexión co tramo de carril-bici de 475 metros que se está a realizar na rolda de Outeiro, entre a rúa da Mercede e Alcalde Pérez Ardá". "Coa execución deste treito entre Palloza e Matogrande avanzamos na configuración dunha rede ciclable ben conectada e útil para a mobilidade, que vaia máis alá dun espazo para o ocio, xa que se unirá aos treitos do carril-bici metropolitano e do que conecta coa universidade ", indica.

O tramo de carril-bici entre a Palloza e Matogrande terá carrís segregados, que separará na calzada de maneira física ás bicicletas do tráfico rodado de vehículos e respectará as beirarrúas para peóns, "co que se incide na seguridade para os e as usuarias. Cada carril será de circulación unidireccional e aproveitará os dous sentidos da calzada. "O incremento do 51% na extensión dos carril-bici neste mandato, no que temos en marcha 8,9 quilómetros, xunto a outras medidas como o proceso que derivará na reordenación das liñas de bus e a adecuación de tarifas, que ten en conta especialmente ás persoas mozas e maiores, dá mostra de que é posible acometer un cambio de modelo na mobilidade urbana máis accesible, que prime ao peón e que axude a desconxestionar a cidade", salienta.

O Goberno local anunciou tamén este verán a reurbanización da rúa Ramón y Cajal, na que se creará un nó viario coa confluencia con rúa Salgado Torres que cumprirá co triple obxectivo de axilizar o tráfico viario, mellorar os itinerarios de tránsito peonil e ser punto de vertebración para os diferentes tramos de carril bici que se van a executar neste mandato. Nesa nova glorieta, que ten un orzamento base de licitación de 696.286,55 euros e seis meses de prazo de execución, uniranse os treitos de carril-bici da universidade, Matogrande e o metropolitano. Co entrada en execución deste novo tramo, estarán en obras 7,78 quilómetros de vías para ciclistas. En marcha están o carril bici metropolitano, que permitirá percorrer os 5 quilómetros que van dende A Mariña ata a Ponte Pasaxe e dous pequenos tramos: un deles en Náutica, de 0,2 quilómetros, e que está incluído na urbanización do polígono, e o xa mencionado na Rolda de Outeiro. Este ano se finalizaron as obras no treito da rúa Picasso e en Salgado Torres, que suman 0,9 quilómetros e permiten o enlace co carril bici que vai cara ao campus universitario.

  • Logo del Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?