Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Movilidad

Cuándo:

30 de octubre de 2018

O Concello reforza o servizo de transporte público colectivo aos cemiterios pola celebración de Todos os Santos

As liñas do bus urbano contarán con maior cobertura de cara ao previsible aumento de afluencia da veciñanza tanto na xornada de mañá como da do 1 de novembro

A Concellería de Mobilidade Sostible activará este xoves, 1 de novembro, un dispositivo especial de cara a aumentar a cobertura do servizo de transporte público urbano na contorna dos cemiterios situados no termo municipal. Con motivo da festividade de Todos os Santos, o Concello prevé unha maior afluencia da cidadanía aos camposantos de San Amaro, San Pedro de Visma, Oza e San Cristovo das Viñas tanto na xornada de mañá, 31 de outubro, como o propio xoves 1.

Así, durante os días 31 e 1, reforzaranse as liñas 23 e 23A con dous autobuses, de xeito que a frecuencia combinada de ambas será de 15 minutos. Xa de cara ao xoves, reforzarase a liña 3, dando servizo aos cemiterios de San Pedro de Visma e de San Amaro, cunha frecuencia combinada, coa liña 3A, de 15 minutos. No caso de Visma, poderase chegar tamén mediante as liñas de transporte colectivo 12 e 14.

Do mesmo xeito, a liña 11, cun percorrido transversal da cidade --e con transbordo a todas e cada unha das demais liñas--, contará con dous autobuses adicionais ao longo de toda a xornada que darán, á vez, servizo ao cemiterio de San Amaro cada 17 minutos. As restantes zonas da cidade comunicaranse con San Amaro a través das liñas 4, 5, 6, 6A, 7 e 17, mentres que o cemiterio de Oza contará coas liñas 1, 12A, e 14. Finalmente, as liñas 5, 12A e 22 darán cobertura ao camposanto de San Cristovo das Viñas.

  • Logo del Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?