Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Movilidad

  • Compartir
  • Añadir a mi móvil | 
  • Imprimir

Cuándo:

21 de diciembre de 2018

O Concello renova o sistema de consignas da Estación de Autobuses, que desde hoxe estarán dispoñibles todos os días do ano

O goberno local investiu 102.800 euros na mellora do servizo, que estará aberto entre as 05.30 e as 00.00 hora e que conta cun total de 48 módulos con enchufes USB

A Estación de Autobuses da Coruña conta, desde hoxe, cun novo sistema integral de consignas de equipaxe. O concelleiro de Mobilidade Sostible, Daniel Díaz Grandío, valorou positivamente o novo servizo, que ofrece melloras tanto en cuestión de horarios como dos propios atributos do sistema. Así, as consignas estarán abertas durante os 365 días do ano, durante o horario de apertura da estación, e contarán con adaptadores USB para poder conectar dispositivos electrónicos con seguridade. "Damos un novo paso para favorecer a calidade no uso do transporte público colectivo a través dun sistema innovador en Galicia, e que permite que as persoas usuarias poidan dispoñer de espazos adaptados ás necesidades das súas viaxes", expón o edil.  

O servizo, que o goberno local renovou por 102.800 euros, estará aberto, de luns a domingo, en horario de 05.30 horas da mañá até as 00.00 horas da noite, "o mesmo que o da propia Estación", apunta Díaz Grandío. O novo sistema consta dun total de 36 consignas pequenas, dunha dimensión de 45 cm de ancho e 53 de alto, e 12 consignas de maiores dimensións, con 55 cm de ancho e 53 de alto. Tal e como sinala o concelleiro, todos os módulos teñen unha profundidade de 90 cm e contan con enchufe USB, o que permitirá que as persoas usuarias poidan conectar ou recargar os seus dispositivos durante o tempo que teñan reservado o uso da consigna. Nestas poderanse gardar maletas, bolsas, bolsos, mochilas ou outro tipo de elementos completamente pechados durante un máximo de 48 horas. Unha vez finalice este período, e coa finalidade de permitir o seu uso por parte doutras persoas, os servizos municipais procederán a retirar o contido.

A reserva de consignas realizarase na estación, a través dun módulo de control no que se poderá solicitar tanto a elección do tamaño do como o tempo de reserva --un ou dous días--. No caso das pequenas, a taxa diaria será dun máximo de 2 euros diarios, e de 3 euros no caso das grandes. Antes do pago, o sistema solicitará un PIN de catro díxitos, que se repetirá para a confirmación da reserva e, despois do pago, emitirá un documento no que conste os datos da reserva --importe, tempo, número de consigna-- e un código QR. Durante o período de reserva do módulo, a persoa usuaria poderá abrir e pechar tantas veces como precise a consigna ben a través do código QR ou PIN. No caso do extravío do código, o persoal da estación poderá asistir á usuaria, previa verificación da identidade e así como do contido do módulo reservado.  

  • Logo del Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?