Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

28 de setembro de 2018

Actividades da Escola Galega de Consumo do Instituto Galego do Consumo e da Competencia

A Escola Galega do Consumo é o servizo de formación do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, organismo público da Xunta de Galicia encargado de velar pola protección dos dereitos das persoas consumidoras e usuarias.

Estas actividades céntranse nalgún dos temas relativos ao consumo responsable e á promoción e defensa dos dereitos das persoas consumidoras: etiquetado dos produtos; alimentos funcionais; información de utilidade á hora de contratar unha viaxe combinada; simuladores de compras por internet; riscos dos créditos rápidos e outros servizos financeiros; medidas de resolución de conflitos de consumo... e moitas máis.

As actividades, impartidas por persoal especializado, poden realizarse nas instalación do Instituto Galego de Consumo e da Competencia (en Santiago de Compostela) ou no lugar seleccionado pola entidade solicitante.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión