Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

24 de novembro de 2017

A casa dos xoguetes de Nadal

De 27 de novembro ao 1 de xaneiro o Concello da Coruña a través da OMIC achegará xoguetes a toda a veciñanza a cambio dun sorriso

Co lema: "Un agasallo, un sorriso", a Concellería de Emprego e Economía Social, a través da OMIC, comezará o vindeiro luns 27 de novembro unha nova edición da campaña solidaria de Nadal para fomentar o consumo responsable, a recuperación, a reutilización de obxectos, e contribuír á solidariedade de maneira que ninguén quede sen xoguetes este Nadal.

Como participar

Do 27 de novembro ao 4 de decembro estará habilitado un local na avenida de Pedro Barrié de la Maza, 33 entr. A para poder ir depositando os xoguetes. Pódense levar xoguetes novos ou usados, coa condición de que estean en bo estado, en horario de luns a venres de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 17:00 h.

A partir do5 de decembro abrirá as portas "A casa dos xoguetes", na praza de María Pita, desde esta data e ata o 1 de xaneiro do próximo ano, as persoas que se acheguen poderán tanto depositar como levar os xoguetes que máis lles gusten, para o que só necesitarán como moeda de cambio un sorriso.

Horarios

- De luns a venres, con carácter xeral, de 17:00 a 20:00 horas

- Sábados e domingos, de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas

- A partir do 21 de decembro, de 12:00 a 14:00, e de 17:00 a 20:00 horas.

Horarios especiais:

  • Día 24 de decembro (de 12.00 a 14.00, e de 17.00 a 19.00 horas)
  • Día 25 de decembro (de 17.00 a 20.00 horas)
  • Día 31 de decembro (de 12.00 a 14.00, e de 17.00 a 19.00 horas)
  • Día 1 de xaneiro (de 17.00 a 20.00 horas)

Teléfono de información: 981 189 820

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión