Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de outubro de 2018

Novas medidas no bono social: amplíase a cobertura do bono social eléctrico e créase un bono térmico, para sufragar os gastos de calefacción.

O actual bono social eléctrico amplía a súa cobertura e prohíbese o corte de subministración nos fogares acollidos ao bono social onde viva polo menos un/unha menor de 16 anos.

Esta medida faise extensiva tamén aos fogares onde resida polo menos unha persoa cun nivel de discapacidade do 33% ou superior. De igual modo, aplicarase cando viva na vivenda polo menos unha persoa en situación de dependencia en grao II e III. Estas circunstancias, que deberán avaliarse e acreditarse mediante certificados expedidos polos servizos sociais, non estaban contempladas na anterior regulación do bono.

Doutra banda, e co obxecto de que máis familias monoparentais poidan acceder ao bono social, determínanse criterios de renda específicos para estes colectivos, máis susceptibles ao risco de pobreza enerxética, especialmente no caso das mulleres: o 85% dos fogares monoparentais teñen á fronte a unha nai. O limiar de renda máximo para que unha familia monoparental poida acceder ao bono social incrementarase en 0,5 veces o IPREM con respecto ao das familias biparentais.

Os límites de consumo de enerxía con dereito a desconto amplíanse un 15% con dous obxectivos: compensar os incrementos de prezos e achegarse máis aos consumos reais dos fogares máis vulnerables. Así mesmo, o cómputo de consumo anual con dereito a desconto que se liquidaba cada mes, flexibilízase.

Agora a enerxía con dereito a desconto non consumida un mes, pode utilizarse noutro momento. Facilítase así a protección dos fogares durante os meses de maior consumo, que adoitan corresponderse cos de temperaturas máis baixas.

O prazo para renovar o bono social eléctrico a aquelas persoas consumidoras que estivesen acollidas ao bono social antigo, cuxo prazo de renovación acababa o próximo 8 de outubro, amplíase ata o 31 de decembro. Desta maneira, quen solicite a renovación do bono despois de 8 de outubro e cumpra os requisitos non verá interrompido o acceso ao desconto.

BONO SOCIAL PARA CALEFACCIÓN

Para ampliar a protección das persoas beneficiarias do bono social eléctrico, créase un bono social termo (BST). Trátase unha axuda económica directa para que os fogares vulnerables poidan facer fronte aos seus gastos de calefacción, auga quente ou cociña este inverno, con independencia do combustible que empreguen. Recibirán o BST este inverno os fogares que estean acollidos ao bono social eléctrico o 31 de decembro de 2018. Toda persoa consumidora que cumpra as condicións para acceder ao bono social eléctrico e presentase a súa solicitude antes da citada data percibirá o bono eléctrico e o de calefacción.

O importe do BST dependerá da cantidade que se consigne cada ano nos Orzamentos Xerais do Estado e do número de beneficiarias/os do bono social eléctrico o 31 de decembro. A contía desta axuda dependerá da condición de consumidor/a vulnerable ou vulnerable severo, e da zona climática onde estea situada a localidade na que reside a/o beneficiaria/o.

A modo de referencia, cun orzamento de 100 millóns de euros e se o número de persoas beneficiarias do bono eléctrico o 31 de decembro fóra de 1,5 millóns, as contías do bono oscilarían entre un mínimo de 25 euros (para o/a consumidor/a vulnerable en zona cálida) e un máximo de 130 euros (para o/a consumidor/a vulnerable severo/a en zona moi fría).

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión