Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

OMIC

  • Inicio
  • Actividades formativas para colectivos

Actividades formativas para colectivos

Actividades formativas para colectivos:

Nutrición e dieta equilibrada

Obxectivos: promover hábitos que fomenten unha alimentación equilibrada, unha dieta sa, variada e equilibrada que proporcione todos os nutrientes nunha proporción adecuada, coa finalidade de conseguir unha alimentación equilibrada. Ensinaremos a distinguir entre alimento e nutriente e a se que coñezan as funcións de cada nutriente. Poñeremos exemplos de menús equilibrados e daremos as claves dunha alimentación sa e equilibrada. Tamén se analizará a pirámide da alimentación.

Alimentos funcionais

Obxectivos: coñecer este tipo de alimentos, as súas características, a súa orixe, a súa etiquetaxes e o marco legal. Tamén se analizarán as súas posibles vantaxes de forma que se poidan valorar no consumo habitual da súa dieta.

Etiquetaxe alimentaria

Obxectivos: coñecer os elementos mínimos e obrigatorios da etiquetaxe de alimentos e dos diferentes tipos de etiquetas que existen en alimentación. Analizaremos diferentes etiquetas para ver a importancia destas e comprobaremos os diferentes elementos que forman unha etiqueta.

Desperdicio de alimentos

Obxectivos: adquirir hábitos para evitar o malgasto alimentario, sensibilizando e concienciando o alumnado na importancia de adquirir boas rutinas. Analizaremos as causas do desaproveitamento alimentario, relacionadas coa perda de valor ambiental, cultural e económico dos alimentos.

Alimentos ecolóxicos

Obxectivos: coñecer os produtos ecolóxicos e formar unha opinión obxectiva destes mediante a realización dunha análise comparativa. Traballaremos as bases dunha alimentación saudable, con pautas que nos permitan organizar o consumo de alimentos completos, sans e económicos.

A compra verde

Obxectivos: a compra verde ten como obxectivo integrar aspectos sociais, ambientais e éticos nas decisións de compra, e non soamente o prezo ou a marca. Ao practicar este tipo de compra, a persoa consumidora gasta o seu orzamento protexendo o medio ambiente e fomentando o emprego digno.

A etiquetaxe

Obxectivos: os criterios que seguimos á hora de decantarnos por uns produtos ou outros son diversos, ás veces, centrámonos exclusivamente no prezo ou no márketing, sen ter en conta o impacto ambiental ou económico que ten na sociedade. Neste taller ensinaremos a información precisa que hai que ter en conta nunha etiqueta á hora de elixir os produtos que mercamos.

As subministracións básicas: comprendendo a factura eléctrica

Obxectivos: este taller pretende facilitar a comprensión da factura eléctrica e así poder adoptar medidas de aforro de gasto eléctrico, minimizando os gastos e maximizando os servizos contratados.

O bono social eléctrico

Obxectivos: coñecer as novidades do bono social eléctrico co fin de lles facilitar asesoramento ás persoas consumidoras especialmente ás consumidoras vulnerables para que ou ben renoven a súa condición de beneficiarias do bono ou ben o soliciten por primeira vez e poidan gozar así dun desconto na súa factura eléctrica.

Garantía de dereitos e prevención de fraudes

Obxectivos: neste taller informaremos principalmente as persoas maiores dos seus dereitos como consumidoras e ofreceránselles claves prácticas para previr fraudes.

Compras na internet

Obxectivos: a través deste taller, aprenderemos a realizar compras por internet de maneira segura, analizando diversas opcións dun mesmo produto, gastos de envío etc.

Telefonía móbil: boas prácticas para asegurar a información

Obxectivos: taller destinado a facer un uso responsable do móbil, aprendendo a protexer os nosos datos e arquivos, analizando os posibles riscos do uso de dispositivos sen ningunha medida de control e seguridade.

Redes sociais e servizos de mensaxería instantánea: seguridade e privacidade

Obxectivos: con este taller aprenderemos a facer un uso responsable das redes sociais e dos servizos de mensaxería instantánea. Coñeceremos as vantaxes e os riscos destas ferramentas de comunicación e aprenderemos a utilizar mecanismos de privacidade. Sabes o que contratas?

Internet: ADSL, fibra óptica, banda ancha

Obxectivos: con este taller coñeceremos os conceptos relacionados co acceso a Internet, as diferentes formas de acceso e faremos unha análise comparativa segundo as necesidades dos nosos fogares.

Mercámolo? O reto de aprender a comprar en familia

Obxectivos: a través desta sesión trataremos de fomentar a implicación de todo o núcleo familiar no desenvolvemento da economía do fogar, así como de aforro por parte dos seus membros.

Xogar ou consumir?

Obxectivos: nesta sesión aprenderemos a diferenza entre o uso e o abuso dos xoguetes e o sedentarismo ocasionado polo seu abuso en múltiples ocasións.

Os/as menores ante as novas tecnoloxías, protéxeos/as

Obxectivos: con este taller daremos as claves para manter a protección adecuada fronte aos perigos das novas tecnoloxías.

  • Logo Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?