Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

3 de marzo de 2017

15 de marzo Día Mundial dos dereitos das persoas Consumidoras

A Organización das Nacións Unidas (ONU) declarou o Día Mundial dos Dereitos das Persoas Consumidoras no ano 1983, cuxa celebración conmemora o discurso dado polo presidente John F. Keneddy o 15 de marzo de 1962 para recoñecer a persoa consumidora como un elemento fundamental dentro do proceso produtivo.

Actividades 2018

A Oficina Municipal de Información ás persoas Consumidoras do Concello da Coruña vai realizar diferentes actividades con motivo da celebración o próximo 15 de marzo do Día Mundial das Persoas Consumidoras

  • Debate Cadena Ser - Consumo responsable, consumo enerxético

Realizarase un debate de radio o martes 13 de marzo en horario de mañá organizado pola Cadena Ser que se centrará na responsabilidade no consumo enerxético e analizaranse os principais problemas aos que se enfrontan as persoas consumidoras na súa facturación eléctrica, analizaranse as posibilidades de aforro e informarase sobre a posibilidade de construír un futuro máis sustentable mediante un uso racional da enerxía. Asistirán os principais representantes dos intereses das persoas consumidoras da cidade tales como a Oficina Municipal de Información ás Persoas Consumidoras, as Asociacións de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios, ADICAE, o Colexio Oficial de Avogados, e representantes do cooperativismo galego, no marco da economía social e solidaria.

Lugar: CEIP Sagrada Familia

Día: 13-03-2018

Hora: 12.00 h

  • Talleres de consumo responsable

A Oficina Municipal de Información ás persoas Consumidoras (OMIC), dispón dunha ampla oferta formativa no campo do consumo. Dentro do programa "CORUÑA EDUCA" desenvólvense un conxunto de talleres prácticos que supoñen unha actividade dinámica, estimulante e formativa.

Por iso a OMIC vai realizar dezaoito talleres para nenas e nenos de segundo de primaria en dez centros educativos da cidade, que manifestaron o seu interese nestes talleres a través do programa educativo CONSUMO EDUCA a través do programa municipal CORUÑA EDUCA 2017/2018, centrados no consumo consciente, colaborativo e responsable nos que se analizarán entre outros a importancia do consumo responsable da auga, a adopción de hábitos que fomenten actitudes positivas de cara á reciclaxe e a reutilización de envases para evitar as consecuencias negativas na contorna, a práctica de actividades que permitan coñecer a educación ambiental desde a óptica da recuperación das nosas tradicións e do coñecemento dos valores ambientais da nosa contorna ou coñecer as vantaxes do comercio de proximidade.

Os centros participantes son os seguintes:

  • CEIP Wenceslao Fernández Flórez;
  • CEIP Sagrada Familia;
  • CEIP Curros Enríquez;
  • CEIP Manuel Murguía;
  • CEIP Sanjurjo de Carricarte;
  • CEIP San Pedro de Visma;
  • CEIP Victor López Seoane;
  • CEIP Concepción Arenal;
  • CPR Calasanz Masculino;
  • CPR Franciscanos

Nestes talleres repartirase material didáctico e formativo relacionado coa temática analizada.

  • Mercados municipais

Para o público adulto realizarase unha repartición de bolsas e cartelería nos mercados municipais con recomendacións e consellos para a responsabilidade no consumo e o fomento dos dereitos das persoas consumidoras.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión