Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

19 de maio de 2017

A OMIC impartiu unha charla dirixida ás persoas inmigrantes e emigrantes retornados, nas instalacións da UAMI sobre os seus dereitos como persoas consumidoras de aluguer de vivenda e de telefonía

A Unidade de Asesoramento de Migracións - UAMI, en colaboración coa Oficina Municipal de Información ao Consumidor (O.M.I.C.), organizou o pasado martes 16 de maio, unha charla dirixida á poboación inmigrantes e emigrantes retornados/as co fin de ofrecer información sobre os dereitos que teñen como persoas consumidoras, no sector de aluguer de vivendas e de telefonía.

Baixo o título de " Que dereitos e deberes temos como consumidores. Aprender a realizar reclamacións: telefonía e alugueiro de vivenda, o relatorio incluíu unha información detallada sobre dereitos que lles asisten e os deberes que deben asumir, mediante exemplos prácticos e resolución de dúbidas.

Tamén se facilitou información sobre os pasos a seguir en aquelas situacións en que vexan minguados os seus dereitos, observando que en moitos dos casos que se analizaron  estaban sufrindo vulneracións nos seus dereitos. A fianza, o subarriendo, a cesión, a repartición de gastos en inmobles alugados, as causas de desistencia ou actualización de rentas suscitaron especial interese.

Os servizos da U.A.M.I e O.M.I.C.,  desenvolveron conxuntamente esta actividade co obxectivo de informar de forma crara e sinxela  sobre estes asuntos a poboación inmigrante que adoita ter moitas dúbidas aceptando contratos e condicións que se apartan en ocasións da legalidade vixente.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión