Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

9 de xuño de 2017

Amplíase o prazo de preinscrición na Escola de Verán 2017 para as quendas nas que quedaron prazas vacantes ata o 15 de xuño

Información importante sobre a preinscrición na Escola de Verán 2017

Unha vez que finalizou o prazo inicial para a preinscrición na Escola de Verán 2017, infórmase do seguinte:

  1. Quedaron prazas vacantes para as seguintes datas:
    • Primeira quenda: do 3 ao 14 dejulio (10 días hábiles)
      • Grupo A (de 4 a 6 anos)
    • Segunda quenda: do 17 ao 31 de xullo (10 días hábiles)
      • Grupo A (de 4 a 6 anos)
    • Terceira quenda: do 1 ao 14 de agosto (10 días hábiles)
      • Grupo A (de 4 a 6 anos)
      • Grupo B (de 7 a 10 anos)
    • Cuarta quenda: do 16 ao 29 de agosto (10 días hábiles)
      • Grupo A (de 4 a 6 anos)
      • Grupo B (de 7 a 10 anos)
  2. As solicitudes para os grupos B do mes de xullo, para as idades comprendidas entre os 7 e os 10 anos, superaron o número de prazas. Destes grupos recibimos o seguinte número de preinscricións:
  • Quenda 1- Grupo B: 32 solicitudes (primeira quincena xullo)
  • Quenda 2- Grupo B: 22 solicitudes (segunda quincena xullo)

Á vista do anterior ábrese un novo prazo de preinscrición para as quendas vacantes sinaladas no punto primeiro ata o 15 de xuño ás 14.00 horas.

O sorteo para todas as quendas cuxa demanda superase o número de prazas ofertadas, para todas as quendas e grupos, terá lugar o día 16 ás 12.00 horas nas instalacións da OMIC, e publicaranse os resultados ás 14.00 do mesmo día, e manterase o prazo de inscrición para as persoas admitidas tal e como se refería na convocatoria, do 19 ao 30 de xuño.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión