Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

11 de xuño de 2018

Escola de verán 2018

Programación educativa da “Escola de Verán 2018”, organizada pola Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) prevista para o mes de xullo na que ofértanse 80 prazas gratuítas dentro do programa educativo destinado a nenas e nenos de entre 4 e 10 anos de idade. A nova programación educativa para o verán 2018, organizada pola Oficina Municipal de Información ás Persoas Consumidoras (OMIC) comezará o próximo 2 xullo a través do programa educativo "Escola de Verán 2018", dirixido a nenas e nenos de entre 4 e 10 anos de idade.

PERSOAS DESTINATARIAS

Serán nenas e nenos de idades comprendidas entre os 4 e os 10 anos, e dispoñeranse en dúas quendas con dous grupos en cada quenda en función dos rangos de idade:

  • Grupo 1 nenos/as de 4 a 6 anos (Grupo A). Nacidos entre o 2012 e o 2014
  • Grupo 2 nenos/as de 7 a 10 anos (Grupo B). Nacidos entre o 2008 e o 2011

TEMÁTICA DE CADA QUENDA

Primeira quenda. Consumo e novas tecnoloxías. Do 2 ao 13 de xullo

Facilitar ferramentas que garantan a adopción de bos hábitos de seguridade, facendo usuarias e usuarios conscientes da súa propia responsabilidade en relación co uso das novas  tecnoloxias.

Segunda quenda. Consumo, alimentación e comercio de proximidade. Do 16  ao 30 de xullo

Coñecer a importancia da compra de proximidade identificando os establecementos e as áreas comerciais locais. Comprender a importancia do comercio local e a súa repercusión na economía das familias, o seu significado e as vantaxes da compra de proximidade e a súa repercusión na alimentación equilibrada. A pirámide nutricional, a seguridade alimentaria e a alimentación ecolóxica.

Horarios actividades

O horario das actividades será de luns a venres de 09:00 a 13:30, pero por motivos de conciliación os nenos/ as poderán acceder ás instalacións a partir das 08.30.

Preinscrición

Do 11 ao 21 de xuño de 2018, exclusivamente telemática a través da páxina web www.coruna.es/omic, desde as 00.00 horas do día 11 ás 14.00 horas do día 21.Todas as preinscricións que teñan data de envío anterior ou posterior aos días e horas indicados non serán tramitadas. Nas instalacións da   OMIC facilitaranse equipos informáticos e asesoramento para que as persoas solicitantes poidan realizar as preinscricións ou realizar consultas sobre o programa.

Sorteo público

As prazas adxudicaranse por sorteo que se realizará o día 22 de xuño ás 12.00 horas, nas instalacións da   OMIC, onde se extraerán dúas letras unha para cada quenda. Corresponde praza desde o primeiro apelido da letra do sorteo por orde alfabética, dando a volta ao alfabeto (da letra   Z pásase ao A), se fose necesario, ata completar as prazas de cada grupo dentro de cada quenda. As prazas ofertadas en cada grupo e quenda adxudicaranse pola orde resultante. A partir das 14.00 horas do día 22 poderanse consultar a lista de persoas admitidas na web da   OMIC www.coruna.es/omic, no  telefono de información ao cidadán 010 ou na propia  OMIC. Se o/a solicitante non está na lista de admitidos, estará na lista de espera. Se por algunha circunstancia especial, debidamente informada, algún dos menores admitidos fose obxecto de especial protección non se publicará o seu nome nas listaxes oficiais. Se quedan prazas vacantes, despois da inscrición das persoas admitidas, chamarase ás reservas pola orde correspondente.

Inscrición

Do 25 ao 29 de xuño de 2018  de luns a venres de 08:00 a 13:30 horas nas instalacións da  OMIC na Rúa Costa da Palloza, 8, no que se realizará o cumprimento dos datos, para os que obteñan praza, mediante a presentación da correspondente solicitude escrita, que se facilitará na  OMIC.

Se non se formaliza a inscrición no prazo indicado a praza quedará libre.

Requisitos xerais

  • As nenas e nenos solicitantes  debén estar empadroados no concello da Coruña e ter entre 4 e 10 anos de idade, nacidos entre o 2008 e o 2014;
  • Só se admitirá un participante por quenda e só poderán acceder a outras quendas se quedasen prazas vacantes. Na  preinscrición poderán solicitar as dúas quendas pero deben indicar preferencia, por isto deben preinscribirse en primeiro lugar na quenda que figure preinscrita en primeiro lugar. Só adxudicaránselle as dúas quendas se quedasen prazas vacantes na que  preinscribiu en segundo lugar;
  • En todo caso, terán preferencia as persoas empadroadas no Concello da Coruña;
  • Se por calquera circunstancia a persoa inscrita non pode acudir deberá comunicar a baixa  por escrito cinco días antes do inicio da quenda;
  • Finalizado o prazo de inscrición, se quedasen prazas libres, o servizo procederá a chamar ao seguinte da listaxe asignada por sorteo  ata cubrir prazas;
  • A inscrición supón o deber de asistencia, salvo por causas debidamente xustificadas e o estrito cumprimento do horario, incumprir estes puntos poderá supoñer a perda da praza adxudicada;

Para máis información poden consultar a web da  OMIC www.coruna.es/omic ou ben chamar ao 981189820 ou ao 010.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión