Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

28 de novembro de 2016

Novos talleres para persoas adultas para o mes de decembro oganizados pola OMIC

A temática ten en conta as necesidades das persoas consumidoras para esta época do ano e estará centrada na etiquetaxe de alimentos e as compras por Internet

A Concellería de Emprego e Economía Social, a través da OMIC, realizará dous novos talleres para persoas adultas dentro do seu programa anual de formación para o consumo.

O obxectivo da educación para o consumo é fomentar e achegar ás persoas consumidoras actitudes que fomenten un consumo consciente e que lles fagan entender o papel que desempeñan no sistema económico, co fin de crear unha mellor sociedade na que vivir.

Por isto e continuando co programa anual de formación para este ano vanse realizar os talleres indicados a continuación nas datas e coa temática que reflectimos:

Programa

1. 2 de decembro. Os alimentos e a súa etiquetaxe. O obxectivo principal que se persegue é que as persoas usuarias teñan un coñecemento claro dos elementos mínimos e obrigatorios da etiquetaxe dos alimentos, con especial incidencia na etiquetaxe nutricional. 2. 16 de decembro. As redes sociais, a seguridade e as compras en Internet. As redes sociais e Internet son un elemento imprescindible na nosa vida e fundamentalmente na dos nosos e das nosas adolescentes. Aínda que ten múltiples vantaxes faise necesario coñecer os riscos que xera sobre todo para os/as nosos/as menores e saber como xestionalos. Este taller ten como obxectivo darlle un adecuado coñecemento á familia para entender a nova situación dos nosos menores en relación coas novas tecnoloxías, e por suposto tamén para adquirir hábitos máis seguros nas nosas relacións en Internet.

Os talleres teñen como destinatarios a persoas maiores de 18 anos e hai 30 prazas por taller. O horario dos talleres será de 11.30 a 13.00 horas nas instalacións da OMIC no auditorio da OMIC (Rúa Costa da Palloza,8).

Todas as persoas interesadas poden tramitar a inscrición na páxina web no apartado de inscrición para persoas adultas, /omic/gl/educacion-para-o-consumo/actividades-para-persoas-adultas

Teléfono de información das actividades 981 189 820.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión