Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

7 de marzo de 2019

O vindeiro 15 de marzo celébrase o Día Mundial dos Dereitos das Persoas Consumidoras

A Organización das Nacións Unidas (ONU) declarou o Día Mundial dos Dereitos das Persoas Consumidoras no ano 1983, cuxa celebración conmemora o discurso dado polo presidente John F. Keneddy o 15 de marzo de 1962 para recoñecer a persoa consumidora como un elemento fundamental dentro do proceso produtivo.

Actividades 2019

Na segunda quincena do mes de marzo a Oficina Municipal de Información ás Persoas Consumidoras (OMIC) da Coruña porá en marcha una campaña de sensibilización baixo o lema "Fagamos Grande a Letra Pequena" destinada ao alumnado de Educación Primaria.

A actividade consiste nunha pequena dinamización teatral nos propios centros escolares destinatarios da iniciativa. Na representación o guión aborda conceptos cotiás de consumo, facendo fincapé nos dereitos e obrigacións como consumidores/as.

No pasado, nenas e nenos desta idade non eran grupos de acción prioritaria en consumo pero, na actualidade, a través das novas tecnoloxías ou pola súa  propia influencia no consumo e eleccións domésticas, a OMIC diríxese a eles e elas como un novo público destinatario destas accións.

A Oficina repite con esta actividade una dinámica iniciada en anos precedentes con gran éxito. A importancia da formación das persoas consumidoras comeza cada vez máis en idades temperás; de aí que a iniciativa municipal vaia dirixida a este alumnado tan mozo nesta conmemoración.

Claves:

  • Oficina Municipal de Información ás Persoas Consumidoras (OMIC)
  • Día Mundial dos Dereitos das Persoas Consumidoras
  • Nenos e nenas de educación primaria de centros escolares da cidade da Coruña
  • Dinamización teatral

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión