Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

OMIC

  • Inicio
  • Educación para o consumo

Educación para o consumo

Só grazas á educación pode o ser humano ser libre e responsable como consumidor, xa que a publicidade, os grupos de referencia, os medios de comunicación… exercen tal influencia que, sen a suficiente base formativa, deixan escasa marxe á decisión libre e responsable do individuo.

Os consumidores necesitan información, pero tamén formación e educación adecuada en materia de consumo. Formar consumidores responsables e coñecedores das consecuencias dos seus actos constitúe hoxe unha das metas da educación.

A finalidade da educación para o consumo é proporcionar as ferramentas necesarias para adquirir  os coñecementos e habilidades que permitan unha maior liberdade e racionalidade no consumo de bens e na utilización de servizos.

A educación escolar, as oficinas de información ao consumidor, os medios de comunicación públicos e as asociacións de consumidores son instrumentos fundamentais para iso.

O Concello da Coruña é plenamente consciente de que as institucións deben facer esforzos para lograr que todas as persoas actúen como consumidores responsables. Necesitamos cidadáns responsables que asuman os seus deberes, pero tamén que saiban defender os seus dereitos.

Dende aquí proporciónase a formación en materia de consumo que demanden os distintos colectivos interesados, poñendo ao servizo da cidadanía coruñesa unha variedade de actividades e un asesoramento específico vinculado ao ámbito da información e formación para o consumo responsable.

  • Logo Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?