Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

OMIC

Actividades para persoas adultas

Formación para persoas adultas

Actividades formativas para persoas adultas que proporcionan información sobre os seus dereitos e deberes como persoas consumidoras.

O Servizo Municipal de Consumo elabora anualmente un programa de formación en consumo destinado a persoas adultas.

De forma continua na OMIC desenvólvense talleres prácticos e charlas formativas con diferentes temas de actualidade que pretenden achegar os problemas máis habituais ás persoas consumidoras para que coñezan cales son os seus dereitos e como defenserse ante situacións de abuso.

Os diferentes talleres e charlas teñen unha duración aproximada de 90 minutos e impártense nas instalacións da OMIC. Están dirixidas a persoas maiores de 18 anos, en grupos mínimos de 15 asistentes.

Todas as actividades para persoas adultas son gratuítas e pódense inscribir a través desta web no apartado de inscricións.

Na actualidade están en curso as seguintes actividades:

  • Venres 28 de setembro: "O Bono Social Eléctrico".
  • Xoves 4 de outubro: "Comprender a factura da luz".
  • Xoves 29 de novembro: "Compras seguras en Internet".
  • Venres 14 de decembro: "Consumo ecolóxico no Nadal".

Calquera colectivo de persoas adultas interesado nas materias de consumo pode solicitarlle á OMIC realizar unha actividade formativa aínda cando non estea dentro das actuacións programadas, sempre que sexa relativo á defensa dos dereitos das persoas consumidoras.

As persoas interesadas no programa de formación poden solicitar información no 981 189 820.

Inscríbete a continuación:

Preinscricións actividades persoas adultas

Resultados: 2

  • 1 Páxinas
  • 1
  • Consumo ecolóxico no Nadal

    Cando:

    14/12/2018

    Inscricións:

    Dende o 18/09/2018 ata o 14/12/2018

    Horario:

    De 11:30 a 13:00 horas

    Prezo:

    Gratuíto

    O consumo ecolóxico no Nadal

  • Compras seguras por Internet

    Cando:

    29/11/2018

    Inscricións:

    Dende o 18/09/2018 ata o 14/12/2018

    Horario:

    De 11:30 a 13:00 horas

    Prezo:

    Gratuíto

    Compras seguras por Internet

Resultados: 2

  • 1 Páxinas
  • 1
  • Logo Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?