Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

OMIC

Alimentación e consumo

Obxectivo: facilitar a información necesaria para unha alimentación correcta e saudable e concienciar sobre como o resultado das nosas compras pode influír na nosa saúde.

Etiquetaxe alimentaria

Duración: 1 h.

Idade recomendada: alumnado de ESO, Bacharelato e ciclos formativos

Obxectivos:

Obxectivos: coñecer cales son e en que consisten os elementos mínimos e obrigatorios da etiquetaxe de alimentos e dos diferentes tipos de etiquetas que existen en alimentación. Analizaranse diferentes etiquetas para ver a importancia destas e comprobaranse os diferentes elementos que forman unha etiqueta.

Outros contidos relacionados

Nutrición e dieta equilibrada

Duración: 1 h

Obxectivos:

Promover hábitos que fomenten unha alimentación equilibrada, unha dieta sa, variada e equilibrada que subministre todos os nutrientes nunha proporción adecuada, coa finalidade de conseguir unha alimentación equilibrada. Ensinarase a distinguir entre alimento e nutriente e a que coñezan as funcións de cada nutriente. Poñeranse exemplos de menús equilibrados e daranse as claves dunha alimentación sa e equilibrada. Tamén se analizará a pirámide da alimentación.

Descrición:

Analizamos varios aspectos da alimentación diaria: horarios, alimentos inxeridos, cantidades nutricionais recomendadas etc. e intentaremos descubrir os erros máis habituais que se producen (carencias, malos hábitos, horarios inadecuados etc.) e propoñer unha dieta máis saudable e equilibrada.

Outros contidos relacionados

Froitas e verduras

Duración: 1 h

Idade recomendada: Educación Infantil

Obxectivos:

  • Entender a importancia das froitas e verduras na alimentación diaria.
  • Que as persoas participantes sexan capaces de analizar se a súa dieta é equilibrada respecto ao consumo de froitas e verduras.
  • Coñecer os produtos ecolóxicos e formar unha opinión obxectiva destes mediante a realización dunha análise comparativa.

Descrición:

A importancia de incluír froitas e verduras na nosa dieta diaria tratarase a modo de xogo nesta actividade.

Fanse varios “experimentos” tanto de descubrir sabores, cheiros e cores nas froitas e verduras como para pescudar se as cantidades que toman as persoas participantes se encontran dentro das cantidades saudables.

Outros contidos relacionados

A pirámide da alimentación

Duración: 1 h

Obxectivos:

  • Saber que é a pirámide dos alimentos.
  • Coñecer a distribución dos diferentes alimentos na pirámide alimentaria.
  • Aprender a facer unha dieta equilibrada utilizando os alimentos idóneos.

Descrición:

Durante toda a actividade alúdese á importancia de levar unha dieta equilibrada. Analízanse as comidas diarias dos/as participantes e faise unha representación da pirámide dos alimentos cun mural e/ou mediante xogos activos de roles.

Alimentos funcionais

Duración: 1 h.

Idade recomendada: alumnado de ESO, Bacharelato e ciclos formativos

Obxectivos:

Coñecer este tipo de alimentos, as súas características, a súa orixe, a súa etiquetaxe e o marco legal. Tamén se analizarán as súas posibles vantaxes de forma que poidan valoralos no consumo habitual da súa dieta. Nos últimos anos, o interese da cidadanía por coñecer a relación entre dieta e saúde foi en aumento fomentando o uso deste tipo de alimentos.

Outros contidos relacionados

A lista da compra

Duración: 1 h

Idade recomendada: alumnado Educación Primaria e ESO

Obxectivos:

Adquirir os coñecementos necesarios para realizar unha compra responsable de produtos de alimentación. Aprender a realizar un menú para unha dieta equilibrada considerando valores nutricionais, data de caducidade, a necesidade ou o prezo. Familiarizarse coa idea de planificación e entender a importancia de esixir o tícket de compra e comprobar que sexa correcto.

Outros contidos relacionados

Desperdicio alimentario

Duración: 1 h

Idade recomendada: alumnado de Educación Primaria, ESO, Bacharelato e ciclos formativos.

Obxectivos:

Adquirir hábitos para evitar a dilapidación alimentaria, sensibilizando e concienciando o alumnado na importancia de adquirir boas rutinas. Analizaranse as causas do desperdicio alimentario, relacionadas coa perda de valor ambiental, cultural e económico dos alimentos.

Outros contidos relacionados

Alimentos ecolóxicos

Duración: 1 h

Idade recomendada: alumnado de Educación Infantil, Educación Primaria, ESO, Bacharelato e ciclos formativos.

Obxectivos:

Coñecer os produtos ecolóxicos e formar unha opinión obxectiva destes mediante a realización dunha análise comparativa. Traballaremos as bases dunha alimentación saudable, con pautas que nos permitan organizar o consumo de alimentos completos, sans e económicos.

Outros contidos relacionados

  • Logo Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?