Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

OMIC

Compras seguras

Obxectivo: Dar a coñecer as principais pautas que determinan a seguridade no consumo de forma que identifiquen claramente todos os produtos non alimenticios que se comercializan no mercado como seguros, evitando riscos para a nosa seguridade. Coñecer os requisitos xerais de seguridade, en particular a etiquetaxe, a documentación técnica e a notificación ás autoridades.

Mercar un xoguete

Duración: 1 h.

Idade recomendada: Educación Primaria e ESO

Obxectivos:

Coñecer a etiquetaxe correcta, tanto no que respecta ás características do xoguete, como nas condicións de seguridade. Identificar xoguetes inseguros rexeitando aqueles que non traian indicacións de ningún tipo sobre as súas condicións de utilización. Coñecer as garantías e as súas características. Diferenciar os diferentes establecementos onde poder adquirir estes produtos.

Outros contidos relacionados

A seguridade no material escolar

Duración: 1 h.

Idade recomendada: Educación Infantil e Educación Primaria

Obxectivos:

Coñecer o material escolar, as súas características e cales son os adecuados para utilizar en cada momento. Identificar o material adquirindo hábitos e precaucións no uso de material escolar, para evitar danos tanto por toxicidade como por posibles danos de elementos mecánicos. Coñecer a etiquetaxe do material escolar e a información obrigatoria.

Seguridade no fogar

Duración: 1 h

Idade recomendada: alumnado de Educación Primaria, ESO

Obxectivos:

Adquirir coñecementos sobre os perigos que pode haber no ámbito doméstico, onde se produce o maior número de accidentes. Analizar os riscos da cociña e o baño como os lugares máis perigosos e de maior risco e as lesións máis habituais que se producen como traumatismos leves (golpes, caídas, cortes...), intoxicacións, queimaduras e afogamentos. Coñecer a información debe figurar nas etiquetas, fichas e pictogramas de seguridade dos produtos de limpeza para coñecer o produto e a súa utilización.

Outros contidos relacionados

  • Logo Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?