Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

OMIC

Consumo actual e novas tecnoloxías

Obxectivo: favorecer que os e as participantes coñezan os seus dereitos e deberes como consumidores e usuarios do comercio electrónico e as novas tecnoloxías da información.

Redes sociais

Duración: 1 h

Idades recomendadas: alumnado de ESO, Bacharel e ciclos formativos

Obxectivos:

  • Aprender a usar responsablemente das redes sociais e dos servizos de mensaxería instantánea
  • Ser conscientes das vantaxes e riscos destas ferramentas de comunicación
  • Aprender a usar responsablemente as novas tecnoloxías, especialmente das nosas redes sociais e servizos de mensaxería instantánea
  • Concienciarse das vantaxes e desvantaxes dos novos medios de comunicación, especialmente das redes sociais e dos servizos de mensaxería instantánea
  • Coñecer as ferramentas de privacidade das nosas redes sociais e axustalas de maneira que poidamos usar as redes con maior seguridade
  • Coñecer a existencia da lexislación vixente en materia de protección de datos de carácter persoal

Descrición:

Os servizos de mensaxería instantánea e as redes sociais son programas de ordenador ou aplicacións para dispositivos móbiles que serven para comunicarse en tempo real e publicar información na rede. Estes servizos son prácticos e fáciles de usar pero tamén poden chegar a ser moi perigosos se non se utilizan ben.

Neste taller profundarase nas malas prácticas á hora de comunicarnos a través das redes sociais e as súas consecuencias e perigos. Tamén se aprenderá a configurar as opcións de privacidade e seguridade das principais redes sociais que empregan os adolescentes e daranse a coñecer unha serie de consellos prácticos para evitar os riscos derivados dun mal uso das redes sociais.

Outros contidos relacionados

Comercio electrónico

Duración: 1 h

Obxectivos:

  • Achegar o alumnado a unha análise dos produtos que poden comprar vía Internet.
  • Analizar os puntos de venda dos produtos. Distinguir os sitios seguros dos que non o son.
  • Analizar as técnicas de mercadotecnia que utiliza Internet para a venda de produtos.
  • Comparar as distintas formas de pagamento dun produto e analizar as vantaxes e desvantaxes de cada unha delas.
  • Realizar unha análise comparativa dos produtos antes de decidir a súa compra: en Internet e nunha tenda.

Descrición:

O alumnado utilizará un simulador de compras por Internet creado pola OMIC. Con esta ferramenta poderán simular a compra de produtos ou servizos en seis tendas virtuais. A medida que manipulan o simulador, comprobarán de primeira man as vantaxes e desvantaxes deste tipo de compras a distancia. O simulador inclúe consellos, advertencias de perigo, erros na páxina, un test con preguntas sobre as compras virtuais etc. As compras realizadas nun establecemento mercantil, neste caso a través de Internet, caracterízanse fundamentalmente porque as persoas consumidoras non teñen relación directa co produto, senón que a compra realízase sobre referencias visuais ou verbais, e non se pode verificar o produto fisicamente. Neste taller realizaremos diferentes supostos prácticos e darémoslles resposta ás preguntas dos/as participantes, como que métodos de pago poderemos utilizar para realizar as nosas compras, cales son os máis recomendados, se é posible anular unha compra e como facelo, se podemos realizar unha reclamación e como facela etc.

Outros contidos relacionados

Seguridade en Internet

Duración: 1 h

Idades recomendadas: alumnado de ESO, Bacharelato e ciclos formativos

Obxectivos:

Coñecer as posibilidades que ofrece Internet para acceder a información, para o entretemento, a comunicación e mesmo a compra de calquera produto, e as dificultades e desvantaxes: o acceso a contidos ilegais, o illamento social como consecuencia dun uso abusivo deste medio, a posibilidade de ser vítimas dos chamados delitos informáticos etc. Adoptar hábitos que lle ensinen ao alumnado a evitar os posibles perigos. Unha elevada porcentaxe destas redes son instaladas sen ter en consideración a seguridade, e convértense en redes abertas, sen protexer a información que por elas circulan.

Outros contidos relacionados

  • Logo Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?