Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

OMIC

Consumo consciente, colaborativo e solidario

Comercio de proximidade

Mercado municipal

Duración: 1 h

Idades recomendadas: alumnado de Educación Infantil, Educación Primaria, ESO, Bachillerado, ciclos formativos.

Obxectivos:

Identificar os establecementos locais e os mercados explicando as principais vantaxes da compra neste tipo de comercio e a súa repercusión na economía das familias.

Outros contidos relacionados

A banca ética

Duración: 1 h

Idades recomendadas: alumnado de Bacharelato e ciclos formativos

Obxectivos:

Coñecer a banca ética, tamén chamada banca social, sustentable, alternativa e responsable, e os beneficios sociais e ambientais que ten, así como os proxectos que financia.

Outros contidos relacionados

Consumo ecolóxico

Imaxe de diferentes actividades ao aire libre

Duración: 1 h

Idades recomendadas: Educación Primaria, ESO, Bacharelato e ciclos formativos.

Obxectivos:

Practicar actividades que permitan coñecer a educación ambiental desde a óptica da recuperación das nosas tradicións e do coñecemento dos valores ambientais da nosa contorna.

Outros contidos relacionados

Don R que R: o xogo dos envases

Duración: 1 h

Obxectivos:

  • Coñecer os distintos tipos de envases que se utilizan para o envasado de produtos alimentarios e o custo ambiental de cada un deles.
  • Achegar as persoas participantes á problemática dos envases no mercado.
  • Asumir actitudes positivas cara á reciclaxe e reutilización dos envases, como medios para paliar, dalgunha forma, as consecuencias que sobre a natureza ten no envasado dos produtos.

Descrición:

A través dun xogo, as persoas participantes divididas en grupos irán adquirindo os criterios para saber calibrar o uso axeitado ou non dun envoltorio en función da protección do medio ambiente, coñecer aqueles que posúen un envase máis ecolóxico e facilmente reciclable e descubrirán aqueles hábitos de consumo máis responsable.

Outros contidos relacionados

Consumo de auga no fogar

Debuxo do nacemento dun río

Duración: 1 h

Idade recomendada: alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria

Obxectivos:

Valorar e comprender a importancia do consumo responsable de auga. Coñecer a importancia da conservación e uso deste recurso e comprender a importancia de conservación deste medio e os impactos dun mal uso da auga. Tamén aprenderemos diferentes hábitos de aforro de consumo de auga no fogar.

Outros contidos relacionados

Comercio xusto

Caixa con alimentos

Duración: 1 h

Obxectivos:

  • Comprender que é o comercio xusto e cales son os seus obxectivos fundamentais.
  • Identificar os produtos de comercio xusto e a súa localización nas distintas superficies comerciais.
  • Descubrir as dificultades que entraña a elección correcta dun determinado produto ante a variada oferta do mercado.
  • Saber realizar análises comparativas, tendo en conta distintas variables (prezo, calidade, orixe, orzamento etc.).

Descrición:

Neste taller analízanse os puntos mais importantes na elección dun produto no mercado. Propóñense varias compras e as eleccións dos produtos deben atender a criterios diferentes: ecolóxicos, económicos, de xustiza social, de fiabilidade,... para lograr que a nosa compra sexa máis xusta e sustentable. Trátase de lles transmitir aos/ás participantes non só a idea de mercar o mellor produto en relación calidade-prezo senón o de avaliar moitos outros factores que derivarán da nosa decisión de compra como a sustentabilidade, a equidade, o beneficio social, a protección do medio ambiente etc.

Outros contidos relacionados

  • Logo Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?