Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

OMIC

Consumo e publicidade

Obxectivo: informar e concienciar, mediante talleres de "sensacións", sobre a existencia de técnicas e métodos para inducir á compra, así como orientar as persoas participantes cara a un consumo intelixente e responsable.

Publicidade nos medios

Duración: 1 h

Idade recomendada: alumnado de ESO, Bacharel e ciclos formativos

Obxectivos:

Analizar a evolución da publicidade nos medios, espertando no alumnado un sentido crítico para os estereotipos que se utilizan nos anuncios. Coñecer e facer análise do desenvolvemento, uso e abuso da publicidade ilícita. Potenciar unha actitude positiva cara a unha análise crítica de calquera tipo de publicidade nos diferentes medios.

Descrición:

Despois de realizar unha introdución á publicidade e os seus elementos máis representativos, realizarase unha análise de diferentes anuncios publicitarios, analizando todo o aprendido anteriormente. Posteriormente terán que elaborar un anuncio publicitario tendo en conta as características da publicidade na televisión.

Outros contidos relacionados

Publicidade "Verde"

Duración: 1 h

Idade recomendada: alumnado de ESO, Bacharel e ciclos formativos

Obxectivos:

Coñecer que é unha empresa "verde" nas súas prácticas ou na elaboración dos seus produtos. Explicar en que consiste o Greenwash ou Greenwashing, que consiste en vender o mesmo produto de sempre cun "lavado de imaxe" que asegura o respecto ao medioambiente, sen que o seu proceso de produción cambie ou mellore, ou tendo en conta unha práctica illada que non ten impacto real no conxunto do proceso.

Outros contidos relacionados

Os nosos sentidos e o consumo

Duración: 1 h

Idade recomendada: Educación Infantil e Educación Primaria

Obxectivos:

Coñecer os sentidos mediante xogos interactivos. Coñecer, mediante xogos, as diferentes técnicas de mercadotecnia que empregan na estimulación dos nosos sentidos para inducirnos a consumir.

Descrición:

Tras unha explicación didáctica e divertida dos sentidos, as persoas participantes aprenden, de forma moi sinxela, a diferenciar olores, texturas, sabores, utilizando as técnicas de mercadotecnia máis empregadas no mercado.

Outros contidos relacionados

A publicidade dos alimentos

Duración: 1 h.

Idades recomendadas: alumnado de Educación Primaria, ESO, Bacharel e ciclos formativos.

Obxectivos:

Coñecer a regulación de toda a publicidade que vemos, oímos ou lemos sobre os distintos produtos alimenticios, para poder valorar a información sobre composición ou propiedades dos alimentos. Coñecer que son as declaracións sobre as propiedades nutricionais e saudables que a publicidade fai sobre os alimentos.

Outros contidos relacionados

  • Logo Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?