Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

OMIC

Escola de verán

Escola de Verán 2018

A continuación detállase a programación das actividades de verán organizadas pola OMIC

Persoas destinatarias

Serán nenas e nenos de idades comprendidas entre os 4 e os 10 anos, distribuídos en dúas quendas con dous grupos en cada quenda en función dos rangos de idade:

  • Grupo 1 nenas/os de 4 a 6 anos (Grupo A). Nacidos entre o 2012 e o 2014
  • Grupo 2 nenos/as de 7 a 10 anos (Grupo B). Nacidos entre o 2008 e o 2011

Temática de cada quenda

As actividades realizaranse en dúas quendas

Primeira quenda. Consumo e novas tecnoloxías. Do 2 a 13 de xullo

Facilitar ferramentas que garantan a adopción de bos hábitos de seguridade, facendo usuarias e usuarios conscientes da súa propia responsabilidade en relación co uso das novas tecnoloxias.

Segunda quenda. Consumo, alimentación e comercio de proximidade. Do 16 ao 30 de xullo

Coñecer a importancia da compra de proximidade identificando os establecementos e as áreas comerciais locais. Comprender a importancia do comercio local e a súa repercusión na economía das familias, o seu significado e as vantaxes da compra de proximidade e a súa repercusión na alimentación equilibrada. A pirámide nutricional, a seguridade alimentaria e a alimentación ecolóxica.

Horarios actividades

O horario das actividades será de luns a venres de 09:00 a 13:30 h, pero por motivos de conciliación os nenos/as poderán acceder ás instalacións a partir das 08.30 h.

Preinscrición

Do 11 ao 21 de xuño de 2018, exclusivamente telemática a través da páxina web www.coruna.es/omic, desde as 00.00 horas do día 11 ás 14.00 horas do día 21. Todas as preinscricións que teñan data de envío anterior ou posterior aos días e horas indicados non serán tramitadas. Nas instalacións da OMIC facilitaranse equipos informáticos e asesoramento para que as persoas solicitantes poidan realizar as preinscricións ou realizar consultas sobre o programa.

Sorteo público

As prazas adxudicaranse por sorteo que se realizará o día 22 de xuño ás 12.00 horas, nas instalacións da OMIC, onde se extraerán dúas letras, unha para cada quenda. Corresponde praza desde o primeiro apelido da letra do sorteo por orde alfabética, dando a volta ao alfabeto (da letra Z pásase ao A), se fose necesario, ata completar as prazas de cada grupo dentro de cada quenda. As prazas ofertadas en cada grupo e quenda adxudicaranse pola orde resultante. A partir das 14.00 horas do día 22 poderanse consultar a lista de persoas admitidas na web da OMIC www.coruna.es/omic, no teléfono de información á cidadanía 010 ou na propia OMIC. Se o/a solicitante non está na lista de admitidos, estará na lista de espera. Se por algunha circunstancia especial, debidamente informada, algún dos menores admitidos fose obxecto de especial protección non se publicará o seu nome nas listaxes oficiais. Se quedan prazas vacantes, despois da inscrición das persoas admitidas, chamarase ás reservas pola orde correspondente.

Inscrición

Do 25 a 29 de xuño de 2018 de luns a venres de 08:00 a 13:30 horas nas instalacións da OMIC na rúa Costa da Palloza, 8, no que se realizará o cumprimento dos datos, para os que obteñan praza, mediante a presentación da correspondente solicitude escrita, que se facilitará na OMIC.

Se non se formaliza a inscrición no prazo indicado a praza quedará libre.

Requisitos xerais

  • As nenas e nenos solicitantes debén estar empadroados no concello da Coruña e ter entre 4 e 10 anos de idade, nacidos entre o 2008 e o 2014. Só se admitirán persoas doutros concellos se quedaran prazas vacantes unha vez inscritos os/as empadroados/as na cidade da Coruña.
  • Só se admitirá un participante por quenda e só poderán acceder a outras quendas se quedasen prazas vacantes. Poderanse preinscribir ás dúas quendas pero realizará a preinscrición da quenda preferente en primeiro lugar. Só se lle adxudicarán as dúas quendas se quedasen prazas vacantes no que preinscribiu en segundo lugar.
  • Se por calquera circunstancia a persoa inscrita non pode acudir deberá comunicar a baixa por escrito cinco días antes do inicio da quenda.
  • Unha vez finalizado o prazo de inscrición, se quedasen prazas libres, o servizo procederá a chamar a seguinte persoa da listaxe asignada por sorteo ata cubrir prazas.
  • A inscrición supón o deber de asistencia, salvo por causas debidamente xustificadas e o estrito cumprimento do horario, incumprir estes puntos poderá supoñer a perda da praza adxudicada.

Para máis información poden consultar a web da OMIC www.coruna.es/omic ou ben chamar ao 981 189 820 ou ao 010.

Preinscricións actividades Escola de Verán

Resultados: 4

  • 1 Páxinas
  • 1
  • Do 2 ao 13 de xullo- Grupo de 4 - 6 anos

    Cando:

    Dende o 02/07/2018 ata o 13/07/2018, os luns, martes, mércores, xoves e venres

    Inscricións:

    Dende o 11/06/2018 ata o 21/06/2018

    Consumo e novas tecnoloxías

  • Do 16 ao 30 de xullo. Grupo B de 7 a 10 anos

    Cando:

    Dende o 16/07/2018 ata o 30/07/2018, os luns, martes, mércores, xoves e venres

    Consumo, alimentación e comercio de proximidade

  • Do 16 ao 30 de xullo. Grupo A de 4 a 6 anos

    Cando:

    Dende o 16/07/2018 ata o 30/07/2018, os luns, martes, mércores, xoves e venres

    Consumo, alimentación e comercio de proximidade

  • Do 2 ao 13 de xullo. Grupo B de 7 a 10 anos

    Cando:

    Dende o 02/07/2018 ata o 13/07/2018, os luns, martes, mércores, xoves, venres e sábados

    Consumo e novas tecnoloxías

Resultados: 4

  • 1 Páxinas
  • 1
  • Logo Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?