Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

OMIC

Programas educativos

A OMIC do Concello da Coruña deseña, elabora e desenvolve unha oferta múltiple e adaptada ás necesidades específicas dos distintos colectivos.

Para iso lévanse a cabo diferentes programas destinados a todo tipo de público e realizados en distintas épocas do ano.

Escolas de verán

Escolas de verán + info

Coruña Educa

Este programa engloba unha gran variedade de programas educativos promovidos e organizados polo Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña, dirixidos a todos os centros escolares da cidade e os arredores.

http://edu.coruna.es/ga/libro_dixital_2016_2017

Volver a menú

Actividades para centros cívicos e asociacións

Poñemos ao servizo das asociacións, centros cívicos ou calquera organización ou entidade social da Coruña que o solicite, unha ampla oferta de charlas, talleres e actividades prácticas, dentro da programación anual da OMIC.

Desenvólvense programas personalizados e adáptanse os horarios e contidos ás necesidades da entidade solicitante.

Destinatarios

Centros cívicos, asociacións e entidades sociais de calquera tipo.

Lugar de realización

Instalacións da OMIC da Coruña ou no centro solicitante.

Datas

A convir

Horario

A convir (mañá ou tarde)

Inscrición

Indicando os datos da entidade e contidos que se desexan tratar mediante algún dos seguintes medios:

  • teléfono: 981 189 820
  • correo electrónico: omic@coruna.es
  • achegándose á nosa oficina (r/ Costa da Palloza, núm. 8, en horario de 10.00 a 14.00 h)

As actividades son totalmente gratuítas.

Volver a menú

  • Logo Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?