Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

OMIC

Talleres e actividades

A Oficina Municipal de Información ás persoas consumidoras (OMIC) dispón dunha ampla oferta formativa no campo do consumo.

Presentamos un conxunto de talleres prácticos que supoñen unha actividade dinámica, estimulante e formativa. As actividades están dinamizadas por un equipo de educadoras/es especializadas/os no campo do consumo responsable e coa coordinación da OMIC.

Os diferentes talleres están organizados segundo as distintas etapas educativas; deste xeito, as persoas responsables da docencia poderán escoller aquelas actividades máis adecuadas ao desenvolvemento curricular correspondente.

OBXECTIVOS

O obxectivo da educación das persoas consumidoras é ensinarlle á cidadanía a destreza, a actitude e o coñecemento necesario para vivir nunha sociedade baseada no consumo. Trátase dun compoñente fundamental da educación xeral, o cal debería apoiar as persoas consumidoras á hora de tratar de organizar as súas vidas cotiás dunha maneira sustentable.

A educación a persoas consumidoras proporciona o coñecemento necesario para concienciar en comportamentos responsables e intelixentes nas súas relacións de consumo.

Os numerosos temas sobre a educación para o consumo pódense abordar con practicamente todas as materias de ensino e plans de estudo tradicionais.

  1. Alimentación e consumo
  2. Consumo e publicidade
  3. Consumo consciente, colaborativo e solidario
  4. Compras seguras
  5. Consumo actual e novas tecnoloxías
  6. Menores e consumo
  7. Dereitos e deberes das persoas consumidoras
  • Logo Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?