Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

OMIC

Alimentación e consumo

Obxectivo:

Facilitar a información necesaria para unha alimentación correcta e saudable e concienciar sobre como o resultado das nosas compras pode influír na nosa saúde.

Etiquetaxe alimentaria

Duración:

1 hora

Idade recomendada:

Alumnado de ESO, bacharelato e ciclos formativos

Obxectivos:

Coñecer cales son e en que consisten os elementos mínimos e obrigatorios da etiquetaxe de alimentos e dos diferentes tipos de etiquetas que existen en alimentación. Analizaranse diferentes etiquetas para ver a importancia destas e comprobaranse os diferentes elementos que forman unha etiqueta.

Descrición:

As e os participantes descubrirán os contidos mínimos dunha etiqueta de produto alimentario, e despois farán varios recoñecementos de diferentes produtos, así como o deseño de posibles etiquetas coa información mínima esixida.

Outros contidos relacionados

Nutrición e dieta equilibrada

Duración:

1 hora

Idade recomendada:

Alumnado de Educación Infantil, Primaria, ESO, Bacharelato e ciclos formativos

Obxectivos:

Promover hábitos que fomenten unha alimentación equilibrada, unha dieta sa, variada e equilibrada que subministra todos os nutrientes nunha proporción adecuada, coa finalidade de conseguir unha alimentación equilibrada. Ensinarase a distinguir entre alimento e nutriente e a que coñezan as funcións de cada nutriente. Poñeranse exemplos de menús equilibrados e daranse as claves dunha alimentación sa e equilibrada. Tamén se analizará a pirámide da alimentación.

Descrición:

Actividades lúdicas arredor dos hábitos saudables en alimentación, necesidades nutricionais, tipos de nutrientes, racións diarias recomendadas...

Outros contidos relacionados

Froitas e verduras

Duración:

1 hora

Idade recomendada:

Alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria

Obxectivos:

Concienciar da importancia das froitas e verduras na alimentación. Que o alumnado poida analizar se a súa dieta é equilibrada respecto ao consumo destes alimentos.

Descrición:

Realizamos diferentes actividades lúdicas para fomentar o coñecemento das froitas e a importancia de incluílas na dieta habitual e cotiá. Descubrimos que lugar ocupan na pirámide da alimentación e finalizamos o taller cunha divertida degustación de froitas de tempada.

Outros contidos relacionados

A pirámide da alimentación

Duración: 1 h

Obxectivos:

  • Saber que é a pirámide dos alimentos.
  • Coñecer a distribución dos diferentes alimentos na pirámide alimentaria.
  • Aprender a facer unha dieta equilibrada utilizando os alimentos idóneos.

Descrición:

Durante toda a actividade alúdese á importancia de levar unha dieta equilibrada. Analízanse as comidas diarias dos/as participantes e faise unha representación da pirámide dos alimentos cun mural e/ou mediante xogos activos de roles.

Alimentos funcionais

Duración:

1 hora

Descrición:

A través de dinámicas de traballo en pequenos grupos damos a coñecer os alimentos funcionais, como poden axudar a suplir carencias nutricionais, así como posibles excesos.

Idade recomendada:

Alumnado de ESO, Bacharelato e ciclos formativos

Coñecer este tipo de alimentos, as súas características, a súa orixe, a súa etiquetaxe e o marco legal. Tamén se analizarán as súas posibles vantaxes de forma que poidan valoralos no consumo habitual da súa dieta. Nos últimos anos, o interese da cidadanía por coñecer a relación entre dieta e saúde foi en aumento e fomentou o uso deste tipo de alimentos.

Outros contidos relacionados

A lista da compra

Duración:

1 hora

Idade recomendada:

Alumnado Educación Primaria e ESO

Obxectivos:

Adquirir os coñecementos necesarios para realizar unha compra responsable de produtos de alimentación. Aprender a realizar un menú para unha dieta equilibrada considerando valores nutricionais, data de caducidade, a necesidade ou o prezo.

Descrición:

Traballaremos no deseño de listas da compra responsables, menús equilibrados... conxugando criterios ecolóxicos, económicos, nutricionais...

Outros contidos relacionados

Malgasto alimentario

Duración:

1 hora

Idade recomendada:

Alumnado de educación primaria, ESO, bacharelato e ciclos formativos

Obxectivos:

Adquirir hábitos para evitar o malgasto alimentario, sensibilizando e concienciando o alumnado na importancia de adquirir boas rutinas. Analizaranse as causas do malgasto alimentario, relacionadas coa perda de valor ambiental, cultural e económico dos alimentos.

Descrición:

A través de diferentes dinámicas de autoanálise faremos conscientes as e os participantes do grao de malgasto alimentario que fan día a día, para despois, axudándonos de exercicios creativos, buscar solucións prácticas que contribúan a reducir e mesmo evitar tal malgasto.

Outros contidos relacionados

Alimentos ecolóxicos

Duración:

1 hora

Idade recomendada:

Alumnado de Educación Infantil, Educación Primaria, ESO, Bacharelato e ciclos formativos

Obxectivos:

Coñecer os produtos ecolóxicos e formar unha opinión obxectiva destes mediante a realización dunha análise comparativa. Traballaremos as bases dunha alimentación saudable, con pautas que nos permitan organizar o consumo de alimentos completos, sans e económicos.

Descrición:

A través de xogos e dinámicas damos a coñecer que produtos poden ser considerados ecolóxicos e baixo que criterios, achegándonos incluso de forma simple e esquemática á súa certificación.

Outros contidos relacionados

  • Logo Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?