Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

OMIC

Consumo actual e novas tecnoloxías

Obxectivo:

Favorecer que os e as participantes coñezan os seus dereitos e deberes como consumidores e usuarios do comercio electrónico e as novas tecnoloxías da información

Redes sociais

Duración:

1 hora

Idade recomendada:

Alumnado de ESO, Bacharelato e ciclos formativos

Obxectivos:

Coñecer as redes sociais como instrumento de comunicación e interacción. Evitar as ameazas e os riscos debidos ao mal uso destas. Como persoas consumidoras das redes sociais, o alumnado debe adquirir hábitos para un uso responsable delas. Analizaremos tamén o ciberacoso e o "grooming".

Descrición:

Neste taller faise unha análise do uso cotián que fan as alumnas e os alumnos das redes sociais e das medidas de protección que toman ou deberían tomar. Incidimos no uso responsable das redes sociais e sobre todo como garantir a súa privacidade.

Outros contidos relacionados

Comercio electrónico

Duración:

1 hora

Idade recomendada:

Alumnado de educación primaria, ESO, bacharelato e ciclos formativos

Obxectivos:

Achegarlle ao alumnado unha análise dos produtos que poden mercar vía Internet. Analizar os puntos de venda dos produtos. Distinguir os sitios seguros dos que non o son. Analizar as técnicas de mercadotecnia que utiliza Internet para a venda de produtos. Comparar as distintas formas de pago dun produto e analizar as vantaxes e desvantaxes de cada unha delas.

Descrición:

Neste taller mostramos as múltiples posibilidades de compra que temos por internet, incidindo naqueles criterios de seguridade e fiabilidade que debemos ter en conta para facer unha compra satisfactoria.

Outros contidos relacionados

Seguridade en Internet

Duración:

1 hora

Idade recomendada:

Alumnado de ESO, Bacharelato e ciclos formativos

Obxectivos:

Coñecer as posibilidades que ofrece Internet para acceder a información, para o entretemento, a comunicación e mesmo a compra de calquera produto, e as dificultades e desvantaxes: o acceso a contidos ilegais, o illamento social como consecuencia dun uso abusivo deste medio, a posibilidade de ser vítimas dos chamados delitos informáticos etc. Adoptar hábitos que lle ensinen ao alumnado a evitar os posibles perigos. Unha elevada porcentaxe destas redes son instaladas sen ter en consideración a seguridade, e convértense en redes abertas, sen protexer a información que por elas circulan.

Descrición:

Ofrecemos información relevante sobre os protocolos mínimos para que a nosa conexión a redes de Internet e a nosa navegación sexan seguras e que manteñan a privacidade.

Outros contidos relacionados

  • Logo Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?