Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

OMIC

Talleres relacionados con consumo e publicidade

Obxectivo:

Informar e concienciar, mediante talleres de "sensacións", sobre a existencia de técnicas e métodos para inducir á compra, así como orientar as persoas participantes cara a un consumo intelixente e responsable.

A publicidade nos medios

Duración:

1 hora

Idade recomendada:

Alumnado de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos

Obxectivos:

Analizar a evolución da publicidade nos medios, espertando no alumnado un sentido crítico para os estereotipos que se utilizan nos anuncios. Coñecer e facer análise do desenvolvemento, uso e abuso da publicidade ilícita. Potenciar unha actitude positiva cara á análise crítica de calquera tipo de publicidade nos diferentes medios.

Descrición:

Nesta actividade mostramos os mecanismos máis evidentes e os máis sutís que a publicidade utiliza para transmitir mensaxes e influenciarnos nas nosas pautas de consumo. Unha vez presentadas de maneira esquemática exemplificámolas con numerosos casos próximos e identificables polo alumnado e finalmente son elas e eles quen deben descubrir tales mecanismos en exemplos cotiáns e actuais, tanto audiovisuais como en papel, internet...

Outros contidos relacionados

Publicidade "Verde"

Duración:

1 hora

Idade recomendada:

Alumnado de ESO, Bacharelato e ciclos formativos

Obxectivos:

Coñecer que é unha empresa "verde" nas súas prácticas ou na elaboración dos seus produtos. Explicar en que consiste o "greenwash" ou "greenwashing", que consiste en vender o mesmo produto de sempre cun "lavado de imaxe" que asegura o respecto ao medio ambiente, sen que o seu proceso de produción cambiase ou mellorase, ou tendo en conta unha práctica illada que non ten impacto real no conxunto do proceso.

Descrición:

A través de exemplos prácticos mostramos o fenómeno de "greenwashing" e, sobre todo, axudamos a detectalo e previlo.

Outros contidos relacionados

Os nosos sentidos e o consumo

Duración:

1 hora

Idade recomendada:

Alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria

Obxectivos:

Coñecer os nosos sentidos mediante xogos interactivos. Coñecer, mediante xogos, as diferentes técnicas de merchandising que empregan a estimulación dos nosos sentidos para inducirnos a consumir.

Descrición:

De maneira lúdica privámoslles do sentido da vista ás e aos participantes (con antifaces opacos) para potenciar así os outros sentidos. Desta maneira van pasando por diferentes estacións tales como o oído, o olfacto, o gusto e o tacto, descubrindo novas sensacións. Para acabar explicamos como moitas veces o marketing e as grandes superficies utilizan técnicas baseadas en provocar diferentes "sensacións" para motivar a compra de determinados artigos.

Outros contidos relacionados

A publicidade dos alimentos

Duración:

1 hora

Idade recomendada:

Alumnado de Educación Primaria, ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos

Obxectivos:

Coñecer a regulación de toda a publicidade que vemos, oímos ou lemos sobre os distintos produtos alimenticios, para poder valorar a información sobre composición ou propiedades dos alimentos. Coñecer que son as declaracións sobre as propiedades nutricionais e saudables que a publicidade fai sobre os alimentos.

Descrición:

En primeiro lugar axudamos a diferenciar o que é publicidade de alimentos e o que debe ser unha etiqueta legal con toda a información necesaria. A continuación e con diferentes casos prácticos descubrimos cales son os principais "trucos" e "trampas" da publicidade dos alimentos. Ademais axudamos a detectar cando esa publicidade é enganosa ou mesmo fraudulenta.

Outros contidos relacionados

  • Logo Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?