Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

OMIC

Consellos para as persoas consumidoras

Os consumidores teñen recoñecidos uns dereitos que lles dan unha especial protección ante  situacións de inferioridade polo que antes de mercar un ben ou de contratar un servizo, deberían ser conscientes de cales son, para evitar así conflitos. A continuación facilitamos unha serie de consellos que deben seguir para ser consumidores responsables:

Solicite información

A información correcta sobre os diferentes bens ou servizos, é un dos dereitos básicos que ten como consumidor. Todos os bens e servizos postos a disposición dos consumidores e usuarios deberán incorporar, acompañar ou, se non hai máis remedio, permitir de forma clara e comprensible, información veraz, eficaz e suficiente sobre as súas características esenciais. Ademais é unha obriga do empresario antes de realizar a compra ou adquisición de bens ou servizos, poñer a disposición do consumidor e usuario de forma clara, comprensible e adaptada ás circunstancias a información relevante, veraz e suficiente sobre as características esenciais do contrato e teña en conta que ten que indicarlle o prezo completo, incluídos os impostos, ou orzamento, se é o caso. En toda información ao consumidor sobre o prezo dos bens ou servizos, incluída a publicidade, informarase do prezo final completo, separando, se é o caso, o importe dos incrementos ou descontos que sexan de aplicación, dos gastos que se repercutan ao consumidor e usuario e dos gastos adicionais por servizos accesorios, financiamento ou outras condicións de pago similares, data de entrega, execución do contrato e duración, procedemento de que dispón o consumidor para poñer fin ao contrato, garantías ofrecidas.

Así mesmo solicite calquera información adicional como a posibilidade de cambios ou devolucións.

Solicite confirmación documental

Nos contratos con consumidores e usuarios entregarase sempre recibo xustificante, copia ou documento acreditativo coas condicións esenciais da operación, incluídas as condicións xerais da contratación, aceptadas e asinadas polo consumidor e usuario, cando estas sexan utilizadas na contratación.

Debe solicitar sempre toda a documentación acreditativa dos feitos, xa que podería servir como proba ante calquera irregularidade e porque é un dereito que ten.

Solicitar facturas, ou xustificantes de compra, orzamentos, resgardos de depósito, ou calquera outro documento acreditativo da operación é un dereito que ten e que debe esixir.

Pero ademais debe conservalos polo menos durante o tempo de duración da garantía.

Actúe como un consumidor crítico e responsable

Analizar a publicidade, ler todo o que se asina con tranquilidade previamente, desconfiar das grandes ofertas, organizar as compras, comparar prezos, buscar produtos seguros, ou ser respectuoso co medio ambiente, son algunhas das cautelas que debe ter presentes para converterse nun consumidor crítico e responsable.

Reclame

Reclamar e denunciar as posibles irregularidades en materia de consumo é un dereito que debe facer valer sempre. Todas as empresas deben dispoñer de Follas de Reclamacións normalizadas onde o consumidor poderá formular a súa reclamación. Tamén pode formulala nos impresos que dispón a OMIC deste Concello para este fin.

Se o establecemento non dispón de follas ou se nega á súa entrega o consumidor poderá solicitar a presenza da Policía Local para acreditalo.  

  • Logo Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?