Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

OMIC

Dereitos e normativa

A protección do consumidor está consagrada como un principio reitor da política social e económica, de forma que os poderes públicos garantirán a defensa dos consumidores e usuarios, protexendo, mediante procedementos eficaces, a seguridade, a saúde e os seus lexítimos intereses económicos. Ademais os poderes públicos promoverán a información e a educación dos consumidores e usuarios, fomentarán as súas organizacións e oirán a estas nas cuestións que poidan afectar.

Son dereitos básicos dos consumidores e usuarios:

  • A protección contra os riscos que poidan afectar á súa saúde ou seguridade.
  • A protección dos seus lexítimos intereses económicos e sociais; en particular fronte ás prácticas comerciais desleais e a inclusión de cláusulas abusivas nos contratos.
  • A indemnización dos danos e a reparación dos prexuízos sufridos.
  • A información correcta sobre os diferentes bens ou servizos e a educación e divulgación para facilitar o coñecemento sobre o seu adecuado uso, consumo ou goce.
  • A audiencia en consulta, a participación no procedemento de elaboración das disposicións xerais que lles afectan directamente e a representación dos seus intereses, a través das asociacións, agrupacións, federacións ou confederacións de consumidores e usuarios legalmente constituídas.
  • A protección dos seus dereitos mediante procedementos eficaces, en especial ante situacións de inferioridade, subordinación e indefensión.

Para ter en conta

Os consumidores nunca deben aceptar unha limitación ou exclusión dos seus dereitos, posto que gozan dunha especial defensa, ao entenderse que actúan en condicións de inferioridade respecto ao empresario.

Só son consumidores e usuarios as persoas físicas ou xurídicas, que actúan nun ámbito alleo a unha actividade empresarial ou profesional.

É por iso necesario que unha das partes da relación de consumo sexa un profesional ou empresario actuando no marco da súa actividade empresarial ou profesional, polo que calquera conflito xurdido entre particulares non entraría dentro do ámbito de aplicación da normativa de consumo.

Non é unha relación de consumo a adquisición de bens ou servizos a outro particular.

  • Logo Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?