Concello da Coruña

Concello da Coruña

Convocatoria de subvencións para a innovación, a dixitalización e a implantación de novas fórmulas de comercialización e expansión do sector comercial e artesanal

Subvención para comerciantes retallistas e obradoiros artesáns.

A quen vai dirixido?:

Comerciantes retallistas e obradoiros artesáns (persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas que, en todo caso, cumpran os requisitos establecidos na orde de convocatoria).

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 27/04/2019 ata o 27/05/2019

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 27/04/2019 ata o 27/05/2019

Páxina web:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190426/AnuncioG0424-120419-0001_gl.pdf

Actuacións subvencionables:

1.- Dixitalización comercial (Para comerciantes retallistas e titulares de obradoiros artesáns):

  1. A implantación e actualización de páxinas web comerciais
  2. Introdución de ferramentas de márketing 4.0
  3. Pulo á mellora da imaxe dixital
  4. Servizos profesionais de xestión de redes sociais (community manager).
  5. Implantación de ferramentas de xestión

A porcentaxe de subvención será o 80 %, agás no suposto das letras b), c) e d), que será do 70 %, dos investimentos máximos subvencionables,

2. Proxectos de modernización integral do local comercial incluídos nun proxecto de decoración e interiorismo (Só para comerciantes retallistas):

  1. As obras de reforma e acondicionamento integral da superficie de exposición e venda do local comercial.
  2. Adquisición de moblaxe destinado á mellora da imaxe comercial e adquisición de equipamento especializado para a exposición do produto que sexa necesario para o desenvolvemento da actividade comercial e de uso exclusivo na superficie de exposición e venda.
  3. Actuacións de mellora da fachada exterior do local comercial e instalación de toldos, carteis, letreiros ou similares.
  4. Actuacións conxuntas dun mínimo de tres establecementos comerciais contiguos para dotar de homoxeneidade estética a imaxe exterior dos comercios dunha mesma rúa comercial.
  5. Os custos polos servizos profesionais de elaboración e redacción do proxecto de interiorismo e decoración.

A porcentaxe de subvención será o 50 % do investimento máximo subvencionable agás no suposto das letras d) e e), que será do 70 %.

3. Proxectos de expansión comercial (Só para comerciantes retallistas):

Considéranse proxectos de expansión comercial a apertura dun novo establecemento comercial, baseado no desenvolvemento do mesmo proxecto comercial, na especialización ou diversificación de produtos, na especialización de servizos ao cliente ou na especialización de novas tendencias emerxentes de consumo. O proxecto deberá estar incluído nun proxecto de decoración e interiorismo.

O proxecto de expansión comercial deberá incluír un compromiso de contratación de persoal de, polo menos, un/ha traballador/a, por un período mínimo dun ano, no prazo de seis meses contados a partir da data límite de xustificación da subvención.

A porcentaxe de subvención será o 50 % do investimento máximo subvencionable, agás no suposto da letra e), que será do 70 %.

4. Posta en marcha de proxectos de tendas efémeras ou eventos pop up (Para comerciantes retallistas e titulares de obradoiros artesáns):

Considéranse proxectos de tendas efémeras pop up a apertura, por un prazo máximo de dous meses, dun espazo comercial que terá por obxecto examinar o novo mercado, sen que en ningún caso supoña a apertura dun outlet ou teña por obxecto o desenvolvemento de actividades de liquidación ou venda de saldos.

A porcentaxe de subvención será o 70 % do investimento máximo subvencionable. A subvención máxima polo alugamento do local será de 1.500,00 euros, polo transporte de mercadoría de 500,00 euros e pola publicidade e promoción de 1.000 euros.

5. Proxectos de posta en marcha de concept stores (Para comerciantes retallistas e titulares de obradoiros artesáns):

Considéranse concept stores os establecementos comerciais cunha oferta diversificada de produtos, xeradora de sinerxías, que supoña un valor engadido na oferta e sexa atractiva para a clientela na procura dunha identidade única e diferenciadora.

O proxecto deberá estar incluído nun proxecto de decoración e interiorismo.

O concept store poderá unir unha ou varias persoas comerciantes e/ou artesás nun espazo compartido con diferentes propostas innovadoras xa sexan comerciais, culturais, artísticas, de deseño ou gastronómicas, creando unha experiencia única de compra.

A porcentaxe de subvención será o 70 % do investimento máximo subvencionable.

6. A adquisición de equipamentos propios da actividade comercial e artesanal (Para comerciantes retallistas e titulares de obradoiros artesáns):

Considéranse actuacións subvencionables a adquisición, en réxime de propiedade, de equipamentos propios da actividade comercial e artesanal, que deberán ser en todo caso de primeiro uso.

Localización

Centro Municipal de Empresas (Accede Papagaio). Plaza Papagaio, s/n, 15002, A Coruña.

Teléfono: 981 189 887

Correo electrónico: empresa@coruna.gal

Máis información: https://www.facebook.com/emprendementocoruna

Preguntas frecuentes

Que é un espazo de coworking?

O coworking é unha forma de traballo que permite a profesionais independentes, emprendedores e pemes de diferentes sectores, compartir un mesmo espazo de traballo, tanto físico como virtual, para desenvolver os seus proxectos profesionais de maneira independente, á vez que fomentan proxectos conxuntos.

Que tipo de empresas poden optar a este espazo?

  • Persoas emprendedoras, aquelas que estean a traballar nunha idea/proxecto e vaian crear unha empresa relacionada, preferentemente, co ámbito da investigación, a tecnoloxía, e/ou a innovación.
  • Novas empresas, aquelas persoas físicas ou xurídicas que teñan como máximo dous anos desde a data da súa alta censual e que, comezando a súa actividade empresarial, precisen dun apoio especial para mellorar as súas expectativas de supervivencia, priorizando a súa pertenza a sectores relacionados coa tecnoloxía, investigación e innovación.
  • Usuarios puntuais: aquelas persoas físicas ou xurídicas que, con carácter esporádico e puntual, soliciten a utilización das instalacións e/ou servizos do centro.

Que servizos inclúe?

  • Espazos de traballo compostos dunha mesa ampla de traballo, unha caixoneira e un despacho de billetes.
  • Acceso gratuíto a internet.
  • Servizos de apoio ao emprendemento e á empresa, entre os que destaca asesoramento, actividades formativas e de mentorización, organización de actividades e eventos relacionados coa creación de novas empresas, a innovación e as tics.
  • Espazos comúns: salas de reunións, cómodos espazos de descanso, e unha zona versátil onde se pode levar a cabo a presentación dun produto, encontros, reunións ou exposicións ou calquera outra actividade .
  • Servizos comúns tales como conserxería, administración, medios audiovisuais, reprografía e máquinas expendedoras.

 

Como podo acceder?

Con certificado dixital:

Presentar a instancia xeral do Concello xunto coa solicitude de espazos Accede Papagaio e a documentación que corresponda a través da sede electrónica do Concello.

Sen certificado dixital:

Presentar a instancia xeral nunha oficina de Rexistro do Concello da Coruña xunto coa solicitude de espazos en Accede Papagaio e a documentación que corresponda.

  • Protocolo de información do ACCEDE Papagaio (1 MB)
  • Protocolo de acollida ao ACCEDE Papagaio (2 MB)
  • Bases polas que se rexe o proceso de admisión ACCEDE Papagaio (110 KB)
  • Solicitude de espazo ACCEDE Papagaio (133 KB)
  • Anexo I, Plan de empresa (273 KB)
  • Ampliación Anexo I, Plan de empresa detallado (584 KB)
  • Anexo II, criterios de valoración (282 KB)
  • Bases ACCEDE-Xa (1 MB)

Cales son as tarifas?

Utilización e aproveitamento de 66 postos nos espazos compartidos do centro, polas persoas ou empresas que resulten adxudicatarias conforme ás normas e procedementos establecidos na normativa reguladora do centro. O importe mensual será o seguinte:

Cadro de tarifas:

PREINCUBADORA DE PROXECTOS EMPRESARIAIS, o custo/mes:

Seis primeiros meses

Gratuíto

Do sétimo ao duodécimo mes, inclusive, as tarifas serán as que seguen:

Localización en 1 módulo de 1 promotor/a para un mesmo proxecto

60,00 €

Localización en 2 módulos de 2 promotores/as para un mesmo proxecto

70,00 €

Localización en 3 módulos de 3 promotores/as dun mesmo proxecto

80,00 €

Localización en 4 módulos de 4 promotores/as dun mesmo proxecto

90,00 €

Localización en 5 módulos de 5 promotores/as dun mesmo proxecto

100,00 €

INCUBADORA DE EMPRESAS, o custo/mes:

Localización en 1 módulo de 1 promotor/a para un mesmo proxecto

108,00 €

Localización en 2 módulos de 2 promotores/as para un mesmo proxecto

128,00 €

Localización en 3 módulos de 3 promotores/as para un mesmo proxecto

138,00 €

Localización en 4 módulos de 4 promotores/as para un mesmo proxecto

148.00 €

Localización en 5 módulos de 5 promotores/as para un mesmo proxecto

158.00 €

Para o caso de usos puntuais das salas de reunións, salón de actos (sala conecta), espazos de formación, e postos compartidos por persoa ou entidade distinta ás enumeradas no apartado anterior, as tarifas virán determinadas en función do tempo de utilización da seguinte maneira:

OCUPACIÓNS PUNTUAIS

Xornada completa

Media xornada

Por horas

Salas reunión tipo A (grande), custo/día

60,00 €

30,00 €

10,00 €

Salas reunión tipo B (pequena), custo/ día

50,00 €

22,00 €

8,00 €

Salón de actos (sala conecta), custo/día

120,00 €

60,00 €

15,00 €

Espazos de formación (mesa onda e sala de formación), custo/día

100,00 €

50,00 €

12,00 €

Custo dun módulo mes

150 €

-------

--------

Custo dun módulo semana

60 €

-------

------

Custo dun módulo día

35 €

20 €

----

Custo dun módulo hora

------

------

10 €

  • Ordenanza fiscal ACCEDE Papagaio (146 KB)

Cal é o horario?

O horario de acceso ás persoas usuarias do ACCEDE Papagaio será de 08.00 horas a 20.00 horas ininterrompido de luns a venres, excepto festivos.

O horario de administración será de 08.00 horas a 15.00 horas.

O horario de conserxaría será de 08.00 horas a 20.00 horas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión