12 de marzo de 2018
A Concellería de Emprego e Economía Social organiza unha xornada sobre EMPRENDEMENTO E ECONOMÍA COLABORATIVA o día 22 de marzo no centro municipal de empresas ACCEDE Papagaio.
O principal obxectivo desta actividade é transmitir coñecemento e mostrar a visión e a experiencia dalgunha das moitas empresas que desenvolven a súa actividade na contorna da innovación social e a economía colaborativa coa característica principal de querer xerar impacto positivo na contorna no que actúan.
Búscase mediante esta actividade, fomentar o emprendemento e a innovación social e mostrala como unha nova oportunidade de xerar un ecosistema empresarial forte e á vangarda das novas tendencias dos mercados da Coruña.
Un evento aberto a todo o público que levará a cabo o 22 de marzo ás 19:00 h no centro municipal ACCEDE Papagaio.
Inscríbete: http://bit.ly/ACoruñaEmprende
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible