Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Papagaio

Servizos de apoio ao emprendemento

Asesoramentos, formación, mentorización, organización de actividades networking, coworking... e eventos relacionados co emprendemento preferentemente de carácter tecnolóxico e de innovación. O servizo de asesoramento é un servizo básico que se prestará de forma xeral a todas as persoas emprendedoras.

Servizos xerais

- Cesión de espazos de traballo

- Conserxería

- Reprografía (serán por conta de quen os utilice )

- Medios audiovisuais

- Acceso a wifi e internet

- Servizos de teléfono (serán por conta de quen os utilice)

- Secretaría e Administración

- Salas de xuntas de dous tamaños

- Salóns e salas para descansos, charlas e presentacións

- Salas de intercambio de experiencias

- Climatización

Autoservizo de cafetería

Nos espazos comúns atoparás máquinas expendedoras de bebidas, café e aperitivos para os momentos de descanso.

Formación

Cursos de formación para emprender vixentes

  • Taller #SheMeansBusiness

    muller de negocios co título she means business

    Cando:

    19/12/2019

    Inscricións:

    Dende o 27/11/2019 ata o 17/12/2019

    Prazo de inscrición vixente ata esgotar prazas dispoñibles.

    Horario:

    De 16:00 a 20:00 h

    Enderezo:

    Praza Papagaio s/n, bajo. 15001 A Coruña

    Prezo:

    Gratuíto

    O Concello da Coruña, desde a área de Promoción Económica e Comercio realiza o programa #SheMeansBusiness.

Resultados: 1

  • 1 Páxinas
  • 1

Cursos de formación para emprender histórico

  • Taller de Plan de Empresa

    Cando:

    Dende o 11/11/2019 ata o 21/11/2019

    Impartirase os días 11, 12, 13, 14, 19, 20 e 21 de novembro.

    Este evento xa rematou

    Inscricións:

    Dende o 12/09/2019 ata o 07/11/2019

    Prazo de inscrición vixente ata esgotar prazas dispoñibles.

    Horario:

    De 9:30 a 13:30h

    Enderezo:

    Praza Papagaio s/n, bajo. 15001 A Coruña

    O taller ten como obxectivo recoñecer a importancia de elaborar un plan de empresa para desenvolver a idea de negocio como ferramenta de xito para o emprendedor, coñecer e aplicar as cuestións tcnicas fundamentais para un adecuado plan de empresa tendo en conta cuestiones financeiras, comerciais, operativas, necesidades de soporte e estrutura, etc., coñecer as posibilidades para un mellor desenvolvemento da idea de negocio e toma de decisións anticipadas para garantir o xito, manexar ferramentas que axuden a estruturar as decisións estratgicas tcticas e operativas, recoñecer a importancia do plan de negocio para a bsqueda de financiacin.

  • Taller de certificado dixital e sinatura electrónica

    Cando:

    28/11/2019

    Este evento xa rematou

    Inscricións:

    Dende o 12/09/2019 ata o 26/11/2019

    Prazo de inscrición vixente ata esgotárense as prazas dispoñibles

    Horario:

    De 9:30 a 13:30 h

    Enderezo:

    Praza Papagaio s/n, bajo. 15001 A Coruña

    O taller ten como obxectivo adquirir os coñecementos para a implantación e o uso do certificado dixital e a sinatura electrónica.

Resultados: 5

Localización

Centro Municipal de Empresas (Accede Papagaio). Plaza Papagaio, s/n, 15002, A Coruña.

Teléfono: 981 184 399

Fax: 981 184 398

Correo electrónico: empresa@coruna.es

Máis información: https://www.facebook.com/emprendementocoruna

Preguntas frecuentes

Que é un espazo de coworking?

O coworking é unha forma de traballo que permite a profesionais independentes, emprendedores e pemes de diferentes sectores, compartir un mesmo espazo de traballo, tanto físico como virtual, para desenvolver os seus proxectos profesionais de maneira independente, á vez que fomentan proxectos conxuntos.

Que tipo de empresas poden optar a este espazo?

  • Persoas emprendedoras, aquelas que estean a traballar nunha idea/proxecto e vaian crear unha empresa relacionada, preferentemente, co ámbito da investigación, a tecnoloxía, e/ou a innovación.
  • Novas empresas, aquelas persoas físicas ou xurídicas que teñan como máximo dous anos desde a data da súa alta censual e que, comezando a súa actividade empresarial, precisen dun apoio especial para mellorar as súas expectativas de supervivencia, priorizando a súa pertenza a sectores relacionados coa tecnoloxía, investigación e innovación.
  • Usuarios puntuais: aquelas persoas físicas ou xurídicas que, con carácter esporádico e puntual, soliciten a utilización das instalacións e/ou servizos do centro.

Que servizos inclúe?

  • Espazos de traballo compostos dunha mesa ampla de traballo, unha caixoneira e un despacho de billetes.
  • Acceso gratuíto a internet.
  • Servizos de apoio ao emprendemento e á empresa, entre os que destaca asesoramento, actividades formativas e de mentorización, organización de actividades e eventos relacionados coa creación de novas empresas, a innovación e as tics.
  • Espazos comúns: salas de reunións, cómodos espazos de descanso, e unha zona versátil onde se pode levar a cabo a presentación dun produto, encontros, reunións ou exposicións ou calquera outra actividade .
  • Servizos comúns tales como conserxería, administración, medios audiovisuais, reprografía e máquinas expendedoras.

 

Como podo acceder?

Con certificado dixital:

Presentar a instancia xeral do Concello xunto coa solicitude de espazos Accede Papagaio e a documentación que corresponda a través da sede electrónica do Concello.

Sen certificado dixital:

Presentar a instancia xeral nunha oficina de Rexistro do Concello da Coruña xunto coa solicitude de espazos en Accede Papagaio e a documentación que corresponda.

Cales son as tarifas?

Utilización e aproveitamento de 66 postos nos espazos compartidos do centro, polas persoas ou empresas que resulten adxudicatarias conforme ás normas e procedementos establecidos na normativa reguladora do centro. O importe mensual será o seguinte:

Cadro de tarifas:

PREINCUBADORA DE PROXECTOS EMPRESARIAIS, o custo/mes:

Seis primeiros meses

Gratuíto

Do sétimo ao duodécimo mes, inclusive, as tarifas serán as que seguen:

Localización en 1 módulo de 1 promotor/a para un mesmo proxecto

60,00 €

Localización en 2 módulos de 2 promotores/as para un mesmo proxecto

70,00 €

Localización en 3 módulos de 3 promotores/as dun mesmo proxecto

80,00 €

Localización en 4 módulos de 4 promotores/as dun mesmo proxecto

90,00 €

Localización en 5 módulos de 5 promotores/as dun mesmo proxecto

100,00 €

INCUBADORA DE EMPRESAS, o custo/mes:

Localización en 1 módulo de 1 promotor/a para un mesmo proxecto

108,00 €

Localización en 2 módulos de 2 promotores/as para un mesmo proxecto

128,00 €

Localización en 3 módulos de 3 promotores/as para un mesmo proxecto

138,00 €

Localización en 4 módulos de 4 promotores/as para un mesmo proxecto

148.00 €

Localización en 5 módulos de 5 promotores/as para un mesmo proxecto

158.00 €

Para o caso de usos puntuais das salas de reunións, salón de actos (sala conecta), espazos de formación, e postos compartidos por persoa ou entidade distinta ás enumeradas no apartado anterior, as tarifas virán determinadas en función do tempo de utilización da seguinte maneira:

OCUPACIÓNS PUNTUAIS

Xornada completa

Media xornada

Por horas

Salas reunión tipo A (grande), custo/día

60,00 €

30,00 €

10,00 €

Salas reunión tipo B (pequena), custo/ día

50,00 €

22,00 €

8,00 €

Salón de actos (sala conecta), custo/día

120,00 €

60,00 €

15,00 €

Espazos de formación (mesa onda e sala de formación), custo/día

100,00 €

50,00 €

12,00 €

Custo dun módulo mes

150 €

-------

--------

Custo dun módulo semana

60 €

-------

------

Custo dun módulo día

35 €

20 €

----

Custo dun módulo hora

------

------

10 €

Cal é o horario?

O horario de acceso ás persoas usuarias do ACCEDE Papagaio será de 8.00 horas a 22.00 horas ininterrompido de luns a venres, e sábados de 8.00 a 15.00 horas, excepto festivos.

O horario de administración será de 8.00 horas a 15.00 horas.

O horario de conserxería será de 14.00 horas a 22.00 horas.

  • Concello da Coruña
  • Logotipo FEDER
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?