Concello da Coruña

Concello da Coruña

biblioTECH: charla divulgativa sobre drons

Sabías que na Coruña existen empresas pioneiras no uso e aplicación de drons?

A quen vai dirixido?:

+ 10 anos

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

21/06/2019

Xa rematou

Inscricións:

Entrada libre ata completar a capacidade

Horario:

De 19 a 20.30 horas.

Enderezo:

Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña

Contacto:

Aeromedia é un proxecto empresarial innovador que nace da ilusión e o coñecemento dun grupo de persoas amantes das novas tecnoloxías e a aeronáutica. Actualmente é líder na filmación con drons en España, con máis de 20 anos de experiencia no aeromodelismo e a enxeñería.

Da man destes profesionais achegarémonos á tecnoloxía dos drons, distinguiremos os distintos tipos de aparatos e veremos as súas aplicacións e utilidade en múltiples campos: social, cultural, empresarial.

Aprenderemos a facer un bo uso desta tecnoloxía, a reglamentación existente, e tamén nos informaremos da formación necesaria para ser piloto/a ou radiofonista de drons.

Non che pica a curiosidade...??? Pode ata haber sorpresas!

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión