Concello da Coruña

Concello da Coruña

Convocatoria para o contrato de dinamización xuvenil no barrio da Sagrada Familia

Convocatoria pública

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 16/06/2017 ata o 30/06/2017

Xa rematou

Duración:

10 días hábiles que se contarán desde a súa publicación

Páxina web:

www.coruna.gal/participacion

Organiza:

Concellaría de Participación e Innovación Democrática

Contacto:

Concellaría de Participación e Innovación Democrática

Praza de María Pita, 1 -2º

Tel.: 981 184 200 Ext.: 10238

participacion@coruna.es

Documentos:

2017 Bases da convocatoria para a dinamización xuvenil na Sagrada Familia (1 MB)

INTRODUCIÓN

A Concellería de Participación Cidadá e Innovación Democrática do Concello da Coruña, a través do Departamento de Xuventude, ten entre os seus obxectivos desenvolver actuacións que procuran incidir en mellorar a vida dos mozos e mozas da cidade.

Dende o Concello da Coruña tenta atenderse a todas as temáticas e ámbitos que interesan e afectan á xuventude a partir do coñecemento da súa realidade e da interlocución constante coas mozas e mozos da cidade. O traballo neste eido está baseado na relación directa, na oferta de servizos múltiples e na programación de actuacións e accións conxuntas destinadas a promover e impulsar o desenvolvemento dos intereses e proxectos individuais e colectivos da mocidade.

Neste contexto ponse en marcha un proxecto de dinamización xuvenil no barrio da Sagrada Familia, baseado na interlocución e no traballo de proximidade, que permitirá:

- Coñecer e identificar intereses e necesidades da mocidade do barrio da Sagrada Familia

- Motivar á acción ás mozas e mozos do barrio.

- Poñer en marcha un espazo de referencia para a mocidade no barrio

- Co-deseñar e levar a cabo actividades coa mocidade

- Co-deseñar estratexias de comunicación e mediación coa mocidade

Para poder levar a cabo estas actuacións considérase necesario licitar un contrato de dinamización xuvenil no barrio da Sagrada Familia

OBXECTO

Esta convocatoria ten como obxectivo a selección dunha persoa física ou xurídica que desenvolva o servizo de poñer en marcha un proxecto de dinamización, comunicación, mediación e difusión xuvenil no barrio da Sagrada Familia coas funcións detalladas nas bases da convocatoria.

A duración do proxecto será desde xullo ata decembro de 2017.

A adxudicación dos traballos á proposta mellor valorada realizarase mediante resolución da concelleira de Participación e Innovación Democrática e formalizarase mediante contrato menor, conforme ao establecido no artigo 138 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público (LCSP).

>> Ver bases completas da convocatoria no documento de descarga

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión