Concello da Coruña

Concello da Coruña

Dillo ti

Conversas co alcalde e o goberno municipal

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

02/02/2019

Xa rematou

Horario:

Ás 12.00 h

Enderezo:

Centro Cívico Os Rosales. Praza Elíptica 1. 15011 A Coruña

Páxina web:

www.coruna.es/participacion

Hashtag:

##DilloTi

Contacto:

Concellaría de Participación e Innovación Democrática

Tlf.: 981 184 255

participacion@coruna.es

O programa Dillo ti garante un espazo de comunicación directo entre o alcalde, o equipo de goberno e a veciñanza.

Estes encontros que teñen lugar, normalmente, o último sábado de cada mes ás 12:00 h da mañá nun barrio da cidade permítenlle ao goberno municipal tomar o pulso da cidade de xeito estable e permanente.

A través deste espazo a cidadanía da Coruña pode achegarse aos centros cívicos para conversar libremente sobre calquera tema, proposta, idea, problema ou demanda sobre o barrio pero tamén sobre a cidade.

Estos encontros contan cun servizo de conciliación para facilitar a participación das persoas que teñen menores ao seu cargo e conta tamén cun servizo de intérpretes de linguaxe de signos para persoas xordas.

Ademáis contan cun servizo de mediación entre o goberno e a cidadanía para facilitar as quendas de palabra, os tempos e a diversidade na participación.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión