Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

5 de xaneiro de 2018

O Concello instala 16 fontes con bebedoiros adaptados para cans, unha das propostas gañadoras dos Orzamentos Participativos

A área de Participación pon en marcha un piloto de migración software libre de equipos municipais, outra das iniciativas escollidas pola veciñanza no marco do programa

O goberno local presentou esta mañá as novas fontes con bebedoiros inferiores para cans que vén de instalar no termo municipal, unha iniciativa que responde a unha das propostas veciñais que resultaron escollidas pola cidadanía no marco do programa de Orzamentos Participativos do pasado exercicio. En total situáronse 16 unidades, que se atopan no Paseo Marítimo (4), o Parque de Bens (4), o parque de Santa Margatira (3) e a contorna da Torre de Hércules (5), espazo que visitou esta mañá a edil de Participación e Innovación Democrática, Claudia Delso. Tal e como sinalou a concelleira, a medida "dá resposta a unha necesidade reclamada pola veciñanza da Coruña, e que contou co apoio da cidadanía". "A proposta tiña como obxectivo facilitar a hidratación das usuarias e usuarios das zonas verdes ou grandes superficies da cidade, tanto no caso das veciñas e veciños, como das súas mascostas", explicou a responsable municipal. "Os Orzamentos Participativos demostran a implicación das veciñas e dos veciños coa toma de decisións que melloran a calidade de vida na cidade. A utilidade desta ferramenta de democracia directa é incuestionable", afirmou Delso, quen lembrou que o goberno local investiu 2.100 euros en cada unha destas fontes, "que tamén están adaptadas para o uso das mesmas por parte das persoas con diversidade funcional". "Esta tipoloxía de fonte foi revisada, con anterioridade, por GRUMICO, e dispón de agarraderas para facilitar o seu uso por parte da veciñanza", salientou a edil.

A instalación de fontes adaptadas con bebedoiro inferior para mascotas foi unha das propostas gañadoras da primeira edición do programa posto en marcha polo goberno local no 2016. Entre as iniciativas escollidas pola veciñanza, a Concellería de Participación e Innovación Democrática tamén vén de poñer en marcha un programa piloto de software libre en equipos municipais. A proposta tiña como obxectivo facer unha migración dun número limitado de equipos a software libre e de xeito progresivo, comezando polas aplicacións máis habituais ata acadar a migración completa do escritorio. A medida levada a cabo, tal e como explicou a concelleira, consistiu na instalación, nunha primera fase, dunha distribución de Linux en 31 equipos de uso público da Biblioteca do Fórum Metropolitano, tanto na infantil como na de adultos. "A xestión destes equipos, que agora arrincan máis rápido e non presentan brechas de seguridade, mellorou, xa que non requiren a supervisión por parte do cadro de persoal do centro", dixo Delso, quen aseverou que o goberno local "prevé seguir avanzando" coa implantación deste sistema, nunha segunda fase, "en máis centros da rede de bibliotecas".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión