Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

23 de marzo de 2017

O centro social da Sagrada Familia será sede este sábado 25 dun novo encontro ‘Dillo ti’ do alcalde e o resto do grupo de Goberno coa veciñanza

A edil Claudia Delso, que esta tarde asistirá a presentación do proceso participativo de servizos culturais en Novo Mesoiro, sinala que máis de 1.200 persoas tomaron parte, de xeito activo, no programa de xuntanzas desde a súa posta en marcha

O alcalde e o resto de concelleiras e concelleiros do grupo de Goberno participarán este sábado, día 25, ás 12.00 horas, nun novo encontro Dillo ti coa veciñanza, a serie de xuntanzas promovidas polo executivo coruñés coa finalidade que a cidadanía participe na acción de Goberno. A edil Claudia Delso sinala que, desde a súa posta en marcha en xaneiro de 2016, o programa contou coa asistencia de máis de 1.200 persoas nestes encontros, "nos que poden facer achegas e suxestións de forma directa ás e aos membros do Executivo", e dos que se recolleron 390 demandas. "Este Goberno cre firmemente na participación como un dereito, como unha mostra dunha democracia que goza de boa saúde, e por iso conversa coa veciñanza e se achega tamén aos barrios para escoitar e responder ás preguntas das coruñesas e dos coruñeses", afirma a responsable municipal que lembra, tal e como destacou durante a presentación de Coruña Próxima, que "o Concello da Coruña, agora, toma as decisións coas persoas".

Tras visitar os barrios dos Castros, Palavea, Monte Alto, Os Mallos, Agra do Orzán, Novo Mesoiro, Monelos, Cidade Vella, Os Rosales e O Castrillón, a nova xuntanza celebrarase no barrio da Sagrada Familia. Como vén sendo habitual, o encontro contará cun servizo de tradución á linguaxe de signos, así como un espazo de conciliación, que permite ás persoas con nenas ou nenos ao cargo asistir á cita, e que tamén está aberto á cidadanía. Así, todas e todos os menores da cidade que teñan interese en asistir a este obradoiro aberto, poderán facelo ata completar o número de prazas dispoñibles. Para participar neste espazo mesmo non será necesario inscribirse, pero si acudir ao Centro Social da Sagrada Familia (rúa Sagrada Familia, 26), no horario de celebración do Dillo ti --de 12.00 a 13.30 horas--.

Por outra banda, esta tarde a responsable municipal de Innovación Democrática asistirá, ás 20.00 horas no Centro Cívico de Novo Mesoiro, ao primeiro encontro do proceso participativo, dirixido a recoller ideas, necesidades e propostas concretas que sirvan como base para articular un servizo municipal cultural polivalente e flexible para os barrios de Novo Mesoiro, Mesoiro Vello, Feáns e Someso, así como os núcleos de Vío e a Urbanización Breogán. O proceso, que se desenvolve no marco do Programa A Porta Aberta, é o oitavo proxecto posto en marcha pola Concellería "coa finalidade de facer partícipe á cidadanía na toma de decisións políticas e o co-deseño das intervencións no seu propio municipio", asegura Delso.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión