Concello da Coruña

Concello da Coruña

Encontro Metropolitano en A Coruña

Proceso participativo sobre a Área Metropolitana

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

22/11/2017

Xa rematou

Horario:

Ás 19.30 h

Enderezo:

Palacio Municipal de María Pita. Praza de María Pita 1. 15001 A Coruña

Organiza:

Concellaría de Participación e Innovación Democrática

Contacto:

Concellaría de Participación e Innovación Democrática

participacion@coruna.es

Abegondo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Culleredo, Oleiros, Sada e A Coruña acollen de aquí ata fin de ano o Proceso Participativo da Área Metropolitana. Trátase do primeiro proceso participativo metropolitano que poñemos en marcha. Coa colaboración da maioría dos Concellos (adhesión voluntaria) que forman parte do proceso abrimos o proxecto da AMAC (Área Metropolitana da Coruña) ás persoas para incorporar as súas voces.

No marco deste proceso participativo levaranse a cabo oito encontros presenciais nos que participarán os alcades e alcaldesa. Son encontros abertos a todas as persoas, pensados para trasladar información sobre os pasos que se están dando, resolver dúbidas e recoller achegas.

O día 22 de novembro, ás 19:30 h, terá lugar, no Pazo Municipal de María Pita, o encontro participativo organizado polo Concello da Coruña que contará cun espazo de conciliación para a atención da infancia.

Dentro do proceso programaranse, ademáis, catro mesas temáticas sobre materias estratéxicas na Área metropolitana, que estarán conformadas por persoal técnico municipal e axentes sociais e económicos do territorio directamente vencellados ao ámbito que se trate.Outra forma de participación contemplada no proceso é a adhesión á carta de apoio ao proxecto metropolitano https://www.coruna.gal/descarga/1453615444490/Carta-Apoio-AMC.pdf na que persoas e entidades, organizacións etc. poden mostrar o seu apoio ao proxecto dotándoo do consenso social necesario para poder levalo adiante.

E, xa, por último, a través dun proceso electrónico que se abrirá na páxina Web da Área Metropolitana www.coruna.gal/estratexia-metropolitana-amac/gl/, realizarase unha consulta pública á cidadanía que terá lugar entre o 20 de novembro e o 20 de decembro de este ano. Esta consulta pública responde ao previsto no artigo 133 da Lei 39/2015 de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas que ten por obxectivo integrar a participación cidadá no procedemento de elaboración de normas.

Máis información na web: www.coruna.gal/estrategia-metropolitana-amac/es

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión