Concello da Coruña

Concello da Coruña

Escola de empoderamento feminista: Taller "As mulleres que nos conforman"

Unha reflexión persoal e unha revisión de todas as mulleres da nosa vida.

A quen vai dirixido?:

Persoas interesadas no desenvolvemento creativo e persoal a través das ferramentas audiovisuais

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 23/04/2018 ata o 09/07/2018

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 04/04/2018 ata o 17/04/2018

A inscrición poderase facer, durante o prazo sinalado, de dúas maneiras: ben a través da web da Concellería de Igualdade e Diversidade ou ben chamando ao teléfono 981184253 en horario de 10.00 a 14.00 horas

Horario:

De 10.00 a 12.30 horas

Enderezo:

Centro Cívico San Diego. Rúa Alberto García Ferreiro -Parque San Diego s/n. 15006 A Coruña

Prezo:

Gratuíto. Prazas limitadas

Requisitos:

Inscrición no prazo estipulado

Organiza:

Concellaría de Igualdade e Diversidade

Contacto:

981 184 253

Concellería de Igualdade e Diversidade

Da man dunha psicóloga e unha comunicadora audiovisual, traballarase coas persoas participantes ao redor da idea das mulleres que nos conforman, aquelas que admiramos, que nos foron e son referentes, que dalgunha maneira nos representan, que fan que sexamos as mulleres que somos. Unha reflexión persoal e unha revisión de todas as mulleres da nosa vida, desde a familia, as amigas, as veciñas, "as das películas" ou todos os personaxes que lemos en libros. As que vivimos, evocamos, coñecemos ou imaxinamos e que conforman a muller que somos hoxe en día, aquí e agora. Poñer atención nas aprendizaxes e referencias que temos sobre o feito de ser muller, discriminando aquelas que encaixan coa nosa experiencia vital, que nos nutren e achegando unha visión crítica daquelas que xa non están actualizadas que a día de hoxe non nos serven nin queremos reproducir. Unha toma de consciencia individual que, favorecida polo grupo, amplía o imaxinario particular e colectivo.

O feito de atravesar o proceso creativo como autoras e autores sitúa a persoa nunha posición de toma de decisións, ela é quen escolle que quere mirar, onde poñen a atención, que quere comunicar e de que forma, poñendo os seus recursos en marcha cun obxectivo persoal, propio e en sintonía coa súa experiencia do aquí e agora. Ver e compartir este produto final completa o proceso no que a persoa mostra a súa voz, en forma de peza audiovisual, para compartila coa comunidade

Os obxectivos ou aspectos que se tratarán neste taller son os seguintes:

  • Achegamento ás potencialidades creativas persoais a través da creación dunha peza audiovisual
  • Introdución ás técnicas de creatividade, permitindo un descubrimento do individuo como creativo: os/as participantes realizan unha peza audiovisual partindo da súa propia idea.
  • Introdución á creación audiovisual: diferenciar as partes dun proxecto audiovisual (preprodución, rodaxe, postprodución), narrativa e linguaxe, referentes audiovisuais (achegarse a outra forma de contar historias).
  • Creación dun grupo de traballo, dun clima de confianza e establecemento da cohesión grupal necesaria para o traballo creativo creando redes de traballo.
  • Coñecer o uso do equipo técnico necesario para crear a peza audiovisual: cámara, son e montaxe.
  • Coñecer as posibilidades do medio audiovisual e ser consciente do seu uso e a súa potencialidade como modo de integración na sociedade da información para a visibilidade e divulgación de contidos.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión