Concello da Coruña

Concello da Coruña

Foro cidadán Tecendo Litoral

O Foro Tecendo Litoral é un momento de encontro e conversa da cidade, onde coñecer mellor o noso litoral e as oportunidades que presentan para A Coruña os terreos do porto interior. Celébrase o venres 27 e sábado 28 de abril en Palexco.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 27/04/2018 ata o 28/04/2018

Xa rematou

Horario:

De 09:30 a 20:00h

Enderezo:

Peirao de Transatlánticos. 15003 A Coruña

Páxina web:

http://www.palexco.com

Contacto:

981 22 88 88

Os seus obxectivos son:

  • Compartir o proceso da investigación e as principais conclusións, dun xeito claro e transparente para toda a cidadanía.
  • Afondar no coñecemento da realidade do bordo litoral, facendo fincapé naqueles temas que poden ser de especial relevancia para a transformación dos terreos portuarios.
  • Amosar como outras cidades emprenderon os seus procesos de transformación portuaria e ver referentes inspiradores para o futuro da Coruña.
  • Debater sobre as cuestións clave deste proceso e enriquecer a proposta coa mirada cidadá.

Por isto, o Foro combina conferencias e mesas redondas de especialistas con dinámicas de indagación colectiva nas que todas as persoas poden participar activamente.Ofrecerase un servizo de conciliación familiar previa inscrición e de interpretación de lingua de signosO programa do Foro estará dispoñible a partir do día 16 de abril.

Máis información e inscricións en: www.coruna.gal/tecendo-litoral

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión