Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

28 de setembro de 2017

O barrio de Durmideiras acollerá este sábado unha nova edición dos encontros 'Dillo ti' entre Goberno local e veciñanza

O novo encontro desta canle de participación cidadá, posta en marcha polo executivo coruñés, comezará ás 12.00 horas no IES Adormideras

O alcalde e o resto de concelleiras e concelleiros do grupo de Goberno participarán este sábado, día 30 de setembro, ás 12.00 horas, nun novo encontro Dillo ti, o programa de xuntanzas abertas entre a veciñanza e o executivo local que se celebran en distintos barrios da Coruña co obxectivo que a cidadanía sexa partícipe da acción de Goberno. A finalidade desta nova canle de participación cidadá é crear espazos de encontro para facilitar que as veciñas e veciños trasladen, de xeito directo e sen intermediación, as súas demandas e vontades ao Goberno municipal.

Tras visitar os barrios dos Castros, Palavea, Monte Alto, Os Mallos, Agra do Orzán, Novo Mesoiro, Monelos, Cidade Vella, Os Rosales, O Castrillón, Sagrada Familia, Peixería, A Silva e Feáns, o programa municipal chegará ao IES Adormideras. Como vén sendo habitual, o encontro contará cun servizo de tradución á linguaxe de signos, así como un espazo de conciliación, que permite ás persoas con nenas ou nenos ao cargo asistir á cita, e que tamén está aberto á cidadanía. Así, todas e todos os menores da cidade que teñan interese en asistir a este obradoiro aberto, poderán facelo ata completar o número de prazas dispoñibles. Para participar neste espazo non será necesario inscribirse, unicamente acudir ao equipamento municipal no horario de celebración do Dillo ti --de 12.00 a 13.30 horas--.

Toda a información sobre esta serie de xuntanzas está dispoñible na páxina web municipal, no enlace www.coruna.es/conversascoalcalde, así como nos vídeos resumo de cada unha delas, que se poden ver na canle oficial do Concello na plataforma Vimeo www.vimeo.com/concellocoruna.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión