Concello da Coruña

Concello da Coruña

Obradoiro de nanas: Arrolos de salitre, con Xabier Díaz e Guillerme Fernández

Pequeno obradoiro de nanas para que as familias aprendan algunhas das melodías tradicionais para adormecer os seus bebés.

A quen vai dirixido?:

Familiar

A quen vai dirixido:

Familias, Para público en xeral

Cando:

03/10/2017

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 18/09/2017

PRAZAS ESGOTADAS

Horario:

  • 1ª sesión: martes 3 de outubro ás 18.00 h
  • 2ª sesión: martes 10 de outubro ás 18.00 h

Duración:

Unha hora cada sesión

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Gratuíto

Requisitos:

Familias con bebés de 0 a 3 anos, futuras/os nais e pais, formadoras/es de escolas infantís, monitoras/es etc.

O obxectivo é que nais, pais e outros familiares poidan aprender a practicar o aproveitamento do poder emocional das nanas e cantos de berce para arrolar os seus bebés e comezar a transmitirlles a lingua e a música.

O obradoiro componse de dúas sesións. A primeira será o martes 3 e a segunda, o martes 10 de outubro na aula 10 do Centro Ágora.

Nas dúas sesións de que consta o obradoiro, as persoas participantes aprenderán a cantarlles aos seus bebés diversas nanas galegas, tanto de autoría como populares.

O obradoiro, organizado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña, está impartido polo músico Xabier Díaz que, entre outros proxectos, publicou o exitoso disco Arrolos de salitre, un álbum que contén precisamente 11 cantos de berce en galego. Este disco foi editado xunto co músico Guillerme Fernández que tamén vai participar neste obradoiro.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión