Concello da Coruña

Concello da Coruña

Orzamentos Participativos 2017

Fase de apoios

A quen vai dirixido:

Para público en xeral, Maiores, Xuvenil, Familias, Asociaciones o centros escolares

Cando:

Dende o 26/05/2017 ata o 14/06/2017

Xa rematou

Páxina web:

http://www.coruna.gal/participacion/gl/procesos-participativos/orzamentos-participativos

Contacto:

Concellaría de Participación e Innovación Democrática

Tlf.: 981 184 255

participacion@coruna.es

Documentos:

2017 Listaxe completa de propostas viables (599 KB)

Os Orzamentos Participativos entran na fase de Apoios. Dende o 26 de maio podes priorizar as propostas que máis che gusten de todas as achegadas. Lembra que podes apoiar todas as que queiras para toda a cidade e para un distrito da túa elección e que é recomendable non dispersar os apoios en propostas moi similares. Esta fase é moi importante pois, na seguinte fase, valoraranse aquelas propostas que conten con máis apoios e sexan preferidas pola maior parte das persoas participantes no proceso. Participa en aportaaberta.coruna.es

Os Orzamentos Participativos son unha ferramenta para que os veciños e as veciñas da Coruña decidan libremente e de maneira directa en que empregar unha parte do orzamento do seu concello.

Este ano imos escoller a que destinar 3 millóns de euros do total do orzamento municipal para 2018: 2 millóns de euros repartidos a partes iguais entre os 10 distritos (200.000 € para cada un) e 1 millón de euros para propostas dirixidas ao conxunto da cidade.

A cidadanía propón proxectos de gasto que son preseleccionados nunha fase de apoios cidadá, logo son avaliados polo persoal técnico do Concello e, finalmente, chegan a unha fase de votación final. As propostas máis votadas pola cidadanía pasan a formar parte do proxecto inicial do Orzamento Xeral do ano seguinte.

QUEN PODE PARTICIPAR?

Calquera persoa empadroada na Coruña de 16 ou máis anos pode propoñer e apoiar ideas de investimentos para os distritos que queira e para a partida global de cidade.

Na fase de votación, cada persoa poderá votar propostas dirixidas ao conxunto da cidade e propostas dirixidas a un distrito da súa elección, no que decida implicarse máis.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión