Concello da Coruña

Concello da Coruña

Reunión informativa sobre a convocatoria para a cesión de uso de varios espazos no antigo cárcere provincial

Reunión informativa

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

23/05/2017

Xa rematou

Horario:

De 18.00 a 19.30 h

Enderezo:

Casa Museo Casares Quiroga. Rúa Panaderas 12. 15001 A Coruña

Páxina web:

www.coruna.es/participacion

Contacto:

Concellaría de Participación e Innovación Democrática

Tlf.: 981 184 255

participacion@coruna.es

Documentos:

Bases reguladoras da convocatoras pública para a cesión de uso de espazos no antigo cárcere provincial (74 KB)

O obxectivo desta xuntanza informativa é resolver dúbidas sobre a convocatoria para a cesión de uso de espazos no antigo cárcere provincial que aparece descrita a continuación.

---------------------------------------------------

CONVOCATORIA PARA A CESIÓN DE USO DE VARIOS ESPAZOS NO ANTIGO CÁRCERE PROVINCIAL

O Concello da Coruña, a través das concellerías de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Culturas, Deporte e Coñecemento e Participación e Innovación Democrática publica unhas bases para a convocatoria, en concorrencia competitiva, para a cesión de usos de varios espazos no Antigo Cárcere Provincial.

A convocatoria está dirixida a entidades sen ánimo de lucro rexistradas no REMAC e ten como obxectivo o desenvolvemento de proxectos de dinamización cultural e sociocultural poñendo especial relevancia na recuperación da memoria histórica, no apoio e na posta en valor dos novos creadores locais e a promoción de actividades que non teñen lugar noutros espazos da cidade con carácter regular.

O prazo de presentación de propostas será de 45 días naturais a partir da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

*Pendente de publicación no BOP

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión